Deputación de Lugo

As obras da Ronda Leste no Concello de Lugo obrigan a pechar ó tráfico unha vía provincial durante cinco meses

Imaxe deputación de lugo
O corte afecta a uns 400 metros de estrada entre o Novo Hospital e o paso sobre a A-6

A estrada provincial da LU-530 a Cimadevila, en Lugo, permanecerá pechada ó tráfico desde hoxe, un de setembro, por mor da execución da obra da Ronda Leste no treito entre o cruzamento coa estrada N-640 e o cruzamento coa LU-530 á Fonsagrada. O proxecto, promovido pola Consellería de Política Territorial Obras Públicas e Transportes da Xunta de Galicia, foi adxudicado á Acciona Infraestruturas S.L. Estes traballos obrigan a pechar ó tráfico a devandita vía provincial entre os puntos quilométricos 1,4 (Novo Hospital) e 1,8 (paso sobre a A-6) durante aproximadamente cinco meses. O desvío dos vehículos, que estará debidamente sinalizado, realizarase pola estrada municipal que parte do punto quilométrico 88,5 da N-640, na segunda rotonda da Campiña por Astrar a Cimadevila. Desde a Deputación pídese disculpas ós usuarios da vía polas molestias que lles poida ocasionar este corte.