Deputación de Lugo

O Paseo dos Namorados, protagonista de Km0 esta semana

Imaxe deputación de lugo
Veciños de Cospeito desprazaranse ata Cervo para coñecer a Fábrica de Cerámica de Sargadelos

A ruta do Paseo dos Namorados é a protagonista absoluta desta semana do programa de visitas institucionais e mediomabientais Km0 que promove a Deputación. As 150 persoas que participarán neta iniciativa o martes, mércores e xoves tamén visitarán a Fábrica de Cerámica de Sargadelos. Un grupo de 55 solicitantes individuais foron recibidos este martes no Pazo de San Marcos e, a continuación, coñeceron as instalacións e o traballo que se está a desenvolver no Centro de Artesanía e Deseño. Na Mariña a ruta inclúe visitas á fábrica de Cerámica de Sargadelos e ó Real Padroado, e un pecorrido polo Paseo dos Namorados. O grupo de mañá, pertencente á Asociación pensando en todos, do Concello de Cospeito, desprazaranse en primeiro lugar ó conxunto etnográfico do Mazo de Santa Comba, e despois viaxarán ata o Concello de Cervo. En canto ó xoves, serán veciños da Asociación Cultural Aquilino Iglesias de Muimenta os que coñezan o Mazo de Santa Comba, e despois percorran o Paseo dos Namorados.