Deputación de Lugo

A ÁREA DE CULTURA DA DEPUTACIÓN FINANCIARÁ OBRAS DESTINADAS Á RECUPERACIÓN DE ELEMENTOS PATRIMONIAIS

O vicepresidente primeiro da Deputación realizou unha visita institucional ao concello de O Corgo para coñecer de primeira man as necesidades de intervención para a conservación de elementos patrimoniais deste concello

O vicepresidente primeiro da Deputación, Antón Bao, realizou unha visita institucional ao Concello de O Corgo onde foi recibido polo alcalde e por membros da corporación. Logo de realizar unha visita ás dependencias municipais, o vicepresidente primeiro departiu no salón de plenos cos ediles e co alcalde popular, José Antonio Ferreiro, ambos fixeron un intercambio de agasallos institucionais. Tras ser recibido na casa do concello o vicepresidente primeiro visitou, acompañado de varios concelleiros, as instalacións deportivas situadas no entorno do colexo público de O Corgo. O vicepresidente primeiro interesouse por coñecer o estado das instalacións culturais e deportivas do Concello e por coñecer as necesidades de infraestruturas e dotacións de este concello próximo á cidade de Lugo. Durante a visita ás instalacións deportivas o vicepresidente anunciou que “de cara aos orzamentos do vindeiro ano a Área de Cultura e Deportes reducirá considerablemente as partidas destinadas a gastos de funcionamento interno da área e incrementará as partidas destinadas a inversións en obra pública e ás liñas de axudas para que os concellos poidan mellorar as súas infraestruturas culturais e deportivas”. COMPROMISO DA ÁREA DE CULTURA DA DEPUTACIÓN CO PATRIMONIO Entre as obras que a Área de cultura da Deputación está a financiar no concello de O Corgo destaca a recuperación dun dos elementos patrimoniais do Concello de O Corgo como é a fonte de Queizán. O departamento de patrimonio histórico-artístico, dependente da vicepresidencia da Deputación, aportou os fondos necesarios para recuperar este elemento patrimonial e con esta acción contribúese á recuperación da fonte e do entorno no que está situada. Antón Bao visitou, tamén, outros elementos patrimoniais que precisan unha intervención para a súa conservación como é o caso de varias pontellas de pedra e o entorno de algunhas das igrexas do concello. O vicepresidente primeiro achegouse a coñecer un taller de artesanía cerámica situado na parroquia de Anseán e aproveitou para coñecer a colección de máis de 3.000 pezas de cerámica que posúe este artesán. Esta colección caracterízase por que todas as pezas foron elaboradas para darlles uso cotía e moitas delas foron construídas en zonas nas que o oficio de traballar o barro xa desapareceu fai varias décadas.