Deputación de Lugo

A Deputación colabora co Concello de Lugo para a implantación da administración electrónica

O organismo provincial apoiará o proxecto Lug@nza no que están incluídos Lugo, Castroverde, Cervantes e GuItiriz

A Xunta de Goberno aprobou este venres o convenio de colaboración entre a Deputación e o Concello de Lugo para o desenvolvemento do proxecto Lug@vanza. Nesta inicitiva, liderada polo Concello de Lugo, tamén están os municipios de Cervantes, Castroverde e Guitiriz, e supoñerá a implantación dos módulos de Tramitación electrónica do Sistema Integrado de Xestión Municipal (SIxEM) nestes catro Concellos. Grazas a este acordo, o organismo provincial cederá o espazo físico necesario para albergar os aparellos tecnolóxicos necesarios para levar a cabo o devandito proxecto e facilitará a conexión a Internet. O voceiro do grupo provincial socialista, Antonio Gato, dixo que “o obxectivo final é que o Lug@vanza sirva de experiencia para outros proxectos como o Innova-TE, que persegue a implantación da administración electrónica nos Concellos da provincia”. Gato Soengas afirmou que “a Deputación considera o desenvolvemento da e-Administración como unha das súas prioridades políticas xa que permitirá mellorar o servizo público e a relación entre as institucións e entre estas e os cidadáns”. Neste senso, lembrou que “o Concello de Lugo posúe experiencia probada na planificación e desenvolvemento de proxectos relacionados coas novas tecnoloxías da información e a comunicación”, xa que é responsable de iniciativas como Lugo Dixital. Mellora do Eo na Pontenova Por outra parte, o goberno provincial ratificou o convenio de colaboración entre a Deputación e a Confederación Hidrográfca do Cantábrico para as obras de acondicionamento das marxes do río Eo na Pontenova. Antonio Gato destacou que “esta actuación prentende paliar os efectos das avenidas na zona e crear un grande parque fluvial para minimizar os efectos medioambientais negativos. Ademais, construirase una nova ponte, xa que a actual obstaculiza o desaugue dos caudais nos periodos de crecidas”. Este convenio conta cun investimento de 6,5 millóns de euros, dos que a Deputación aporta o 30% e o Goberno Central o 70%. O organismo provincial distribuíu a súa aportación en tres anualidades: Ano 2009 - 156.219,15 euros. Ano 2010 - 937.314,91 euros. Ano 2011 - 781.095,76 euros”. Por último, aprobáronse as contas xustificativas correspondentes a 8 obras dos Plans de Comunidades veciñais dos anos 2006 e 2007 e executadas nos Concellos de Cervo, Láncara, Paramo, Rábade e Vilalba. As 8 obras suman un presuposto de de 85.126 euros, dos que a Deputación subvenciona 51.643.