Deputación de Lugo

A Fundación TIC cubre por primeira vez este ano todas as prazas nos dous ciclos formativos que ofrece

Imaxe deputación de lugo
Segundo informes nacionais, a crise dispara nun 28% o número de solicitudes de acceso na formación profesional, de xeito que uns 31.400 alumnos, fronte ós 29.000 do curso anterior, estarán matriculados este ano neste tipo de ensino

O Presidente da Deputación e da Fundación TIC inaugurou o curso académico 2009-2010 da Escola de Imaxe e Son de Lugo O Presidente da Deputación e da Fundación TIC, José Ramón Gómez Besteiro, inaugurou este venres o curso académico 2009-2010 da Escola de Imaxe e Son de Lugo que dará comezo o vindeiro luns. Na inauguración, na que tamén participaron o Alcalde de Lugo, José López Orozco, e o Director Xeral de Plural Enterteainment e ex director de programas de Telecinco, o lucense Pedro Revaldería, explicou que hai unhas semanas coñecíanse informes nacionais que revelaban que a crise dispara nun 28% o número de solicitudes de acceso nos ciclos formativos, de tal xeito que uns 31.400 alumnos, fronte ós 29.000 do curso anterior, estarán matriculados este ano neste tipo de ensino, “polo que nestes momentos de crise hai unha parte boa, xa que este ano se disparou a demanda dos ciclos formativos con respecto ó ano pasado. E nós tamén queremos estar aí e imos moi ben no programa de matriculacións na nosa oferta formativa. Neste senso, comezaremos o ano con moita forza”. O vindeiro luns comezará o novo curso na Escola de Imaxe e Son, un centro de ensino adicado á formación audiovisual que está a cubrir unha crecente demanda e que garante a posibilidade de dispor na nosa provincia dunha oferta formativa máis ampla. A Fundación TIC, consciente da necesidade de ofertar unha formación de calidade, está a rematar unha profunda transformación das instalacións e do equipamento do seu Centro de Produción de Programas, co dobre obxectivo de apoiar ó sector na provincia a través dunha oferta de contidos de produción propia e de faciltar un espazo de formación acorde ás demandas formativas e a cualificación precisa para os técnicos que demandan as empresas. A Escola de Imaxe e Son, promovida pola Deputación de Lugo e xestionada pola Fundación TIC, imparte estudos do Ciclo Superior de Produción de audiovisuais, radio e espectáculos e do Ciclo Superior de Realización de audiovisuais e espectáculos. Inauguración con Pedro Revaldería Para este comenzo de curso, e para achegar ós alumnos unha visión cualificada realista do panorama da televisión en España estivo Pedro Revaldería, un lucense cunha longa traxectoria profesional e do que se pode decir que intervíu durante estes últimos anos no deseño de diferentes modelos e proxectos de televisión, acadando grandes éxitos profesionais. Revaldería explicou como foi a evolución da televisión desde a década dos 80, cando comezou a emerxer a industria audiovisual en España coas 3 televisións autonómicas: a vasca, a catalana e Radio Televisión de Galicia. Neste senso, destacou que nestes momentos existe demasiada oferta que non pode ser absorvida polo mercado audivisual. Asimesmo, destacou a función que cumpre a Fundación TIC, xa que “é unha extraordinaria oportunidade para a formación de profesionais. Hai moita demanda de xente especializada. Hai 20 anos eramos autodidactas, pero a formación só se pode ter nas aulas. Con todo, este mundo esixe unha actualización constante. A formación ten que ser permanente”. Revaldería foi director de Radio Nacional de España en Galicia e director de informativos de Televisión de Galicia. Tamén foi director de Produción da Compañía Independiente de Televisión (CITSA) e director de programas de Antena 3 TV. En xullo de 2008 incorporouse a Plural Entertainment, a compañía do Grupo Prisa, onde xa traballara como director de Produción da Compañía Independiente de Televisión (CITSA), a empresa de canles temáticos de Sogecable; e como director de Programas de produción propia de Canal+. “La Corta Historia de la Tv Comercial y la Industria Audiovisual en España” foi o tema da súa intervención no acto inaugural do curso académico.