Deputación de Lugo

Gómez Besteiro aboga por incrementar o investimento en obra pública mantendo a estabilidade presupostaria

Imaxe deputación de lugo
O Presidente da Deputación inaugurou as xornadas de Estabilidade Presupostaria que se celebran hoxe e mañá no Pazo de San Marcos

A institución luguesa foi a primeira Deputación de Galicia en aprobar un Plan Económico Financiero de reequilibrio, que foi aprobado polo Pleno en xullo de 2008. O Presidente da Deputación, José Ramón Gómez Besteiro, inaugurou este luns a xornadas de Estabilidade Presupostaria que se celebran hoxe e mañá no Pazo de San Marcos, están organizadas polo INAP e a institución provincial. Gómez Besteiro, que estivo acompañado polo ponente das mesmas, Vicente Calvo Castillo, sinalou que a estabilidade orzamentaria pretende reducir ou limitar o endebedamento e o déficit público co obxectivo de obter unha política presupostaria que permita o crecemento estable da economía e a creación de emprego. A lexislación impón a obriga de respetar este equilibrio nos presupostos, tanto na execución como na liquidación dos mesmos e, en caso de déficit ou de necesidade de financiamento, as Corporacións Locais están obrigadas a elaborar un Plan Económico-Financieiro de reequilibrio por un periodo de 3 anos. Todo isto implica novos trámites e informes á hora de aprobar os Presupostos, de modificalos, de liquidalos ou de endebedarse. “A Deputación de Lugo foi a primeira administración provincial de Galicia en aprobar un Plan Económico Financiero de reequilibrio. Malia que os datos amosaban unha situación económico-financieira saneada e un nivel baixo de endebedamento, na confección do Orzamento de 2008 incorríamos en inestabilidade orzamentaria e, polo tanto, tiñamos a obriga de confeccionar un Plan de Estabilidade, que foi aprobado polo Pleno en xullo de 2008”. O Presidente da Deputación explicou que a liquidación orzamentaria de 2008, recentemente aprobada, cumpre coa estabilidade, “o que demostra a situación económica desta Deputación é boa. De feito, obtivemos unha capacidade de financiamento superior ós 30 millóns de euros. Ademais, no que se refire ós Presupostos de 2009, xa os confeccionamos dacordo cos criterios do devandito Plan Económico-Financieiro”. Gómez Besteiro defendeu que “para anticiparnos á saída da crise, é necesario un maior investimento público que procure a creación de emprego. Por iso, e dentro das medidas económicas adoptadas polo Goberno de Rodríguez Zapatero, acordouse que quedasen exentos de elaborar o Plan aquelas Entidades Locais que, na liquidación dos Presupostos de 2008, tivesen un déficit inferior ó 4,81% respecto ós seus ingresos non financieiros. Isto permitirá ós Concellos destinar máis recursos ó gasto público, co obxectivo de crear postos de traballo. Creo que as Deputacións son agora máis útiles que nunca, xa que a Cooperación e Asistencia ós municipios contribúe decisivamente a que afronten mellor esta etapa”.