Deputación de Lugo

A Deputación de Lugo implantará a e-administración dentro do proxecto europeo Innova-TE

Imaxe deputación de lugo
Lara Méndez participou na inauguración do II Congreso de Arquivos Municipais. Arquivos e e-administración

A Vicepresidenta Segunda destacou que a administración electrónica “permitiranos prestar unha mellor atención ós municipios e suplir a carencia que sofre a administración local na aplicación de novas tecnoloxías” A Vicepresidenta Segunda da Deputación, Lara Méndez, participou este mércores na inauguración do II Congreso de Arquivos Municipais. Arquivos e e-administración que se desenvolve en Lugo desde hoxe ata o 8 de novembro. No acto inaugural, que tivo lugar no Salón Rexio do Círculo da Artes, Méndez fixo fincapé na importancia de que o Congreso se celebre na cidade e no que se analiza e se define, entre outras cuestións, o papel dos sistemas públicos de xestión e información de arquivos, de cara a implantar a administración electónica co fin garatir a dispoñibilidade, autenticidade e a integridade dos documentos públicos que se xeren. A reponsable da Área de Promoción Económica e Emprego explicou que a Deputación de Lugo está inmersa na implantación da e-administración, tal e como se contempla no proxecto europeo “Innova-TE” concedido polo Ministerio de Administracións Públicas. A este respecto subraiou que “a administración electrónica supón unha necesidade de primera orde nos tempos que corren. Din os expertos que hai que renovarse ou morrer. Neste senso, quero compartir con todos vostedes este proxecto co que introduciremos en la provincia a Sociedade da Información e o uso de novas tecnoloxías”. O proxecto conta cun orzamento de 9 millóns de euros, dos que o 70% serán financiados por fondos FEDER e o 30% restante polo Instituto de Desenvolvemento Económico e Social (INLUDES). “Este proxecto permitiranos converxer con Europa. A súa posta en marcha é posible grazas á reorientación das novas políticas da Deputación que nos permitiron captar más de 20 millones de euros de fondos europeos, entre los que se inclúe Innova-TE”. Lugo é unha provincia que conta cunha grande dispersión xeográfica, e este proxecto “permitiranos prestar unha mellor atención ós municipios e suplir a carencia que sofre a administración local na aplicación de novas tecnoloxías”. A iniciativa coa que colabora a institución provincial, está organizada polo Concello de Lugo e o Ministerio de Cultura e, agás hoxe, desenvólverase no Pazo de Feiras e Exposicións de Lugo. Lara Méndez estivo acompañada do Alcalde de Lugo, José López Orozco, da Arquiveira Municipal, María Jesús Saavedra, do Director Xeral e Subdirector do Libro, Arquivos e Bibliotecas do Ministerio de Cultura, Rogelio Blanco e José Areses, e da Concelleira de Cultura, Concepción Burgo.