Deputación de Lugo

A Deputación aproba 600.000 euros para pequenas infraestruturas en 39 Concellos de menos de 5.000 habitantes

Antonio Gato destaca que todos os municipios, independentemente da súa cor política, recibirán da Deputación 17.000 euros

Os Alcaldes serán convocados para asinar proximamente os correspondentes convenios A Xunta de Goberno deste venres aprobou as subvencións do Plan de obras de pequenas infraestuturas para Concellos de menos de 5.000 habitantes agás os afectados polo canon hidroeléctrico. Son 39 municipios nos que se investirán 908.057 euros, dos que a Deputación achega 607.844. O Deputado da Área de Coopereación cos Concellos, Antonio Gato Soengas, destacou que “por primeira vez todos os Concellos, sen distención de cor política, recibirán unha subvención de 17.000 euros.” O voceiro do grupo socialista lembrou que “estas axudas adxudicáronse despois de que se celebrase unha comisión de avaliación na que estaban todos os partidos, incluído o PP, que votou a favor”. O responsable provincial anunciou que “este acordo remitirase ós Alcaldes, ós que convocaremos proximamente para asinar os respectivos convenios”. Para Gato Soengas “este instrumento de cooperacións cos Concellos é un exemplo de como cambiou a cooperación da Deputación cos municipios da provincia, xa que agora se benefician todos, mentras que antes era o PP o que decidía a quen ían as axudas”. O voceiro do grupo socialista avanzou que “para o ano que vén aumentaranse algo estes recursos tendo en conta o momento actual, no que os Concellos teñen menos ingresos”. Os Concellos que se benefician deste Plan son :Abadín, Alfoz, Antas de Ulla, Baleira, Baralla, Barreiros, Becerreá, Begonte, Bóveda, Castroverde, Cervantes, Cervo, O Corgo, Folgoso do Courel, Friol, O Incio, Láncara, Lourenzá, Meira, Mondoñedo, Monterroso, Muras, Navia de Suarna, As Nogais, Ourol, Outeiro de Rei, Palas de Rei, A Pastoriza, Pedrafita do Cebreiro, Pol, A Pontenova, Rábade, Ribeira de Piquín, Riotorto, Samos, Trabada, O Valadouro, O Vicedo, e Xove. Outros acordos Xunta de Goberno O goberno provincial tamén aprobou o proxecto modificado dun treito da estrada provincial O Burgo- Palas de Rei, no termo municipal de Lugo. As obras do proxecto orixinal contratáronse o 19 de xaneiro de 2007 pero non foron autorizadas pola Xunta de Galicia porque afectaban ó Camiño Primitivo. Tamén se acordou un gasto de 8.109 euros para a retirada de liñas eléctricas noutro treito desta mesma vía. Neste caso é unha obra do POS 2005 da que se perdeu a subvención do Ministerio de Administracións Públicas porque o anterior goberno non puxo a disposición da empresa os terreos necesarios. Desde que se iniciou o expedente expropiatorio, en outubro de 2006, ata que se enviou ó Xurado de Expropiacións de Galicia, en xaneiro de 2008, pasou un ano e tres meses. “Vese o quebranto económico da Deputación por mor da falla de rigor na xestión do anterior goberno do PP, xa que hai que devolver ó MAP a subvención de 80.000 euros, máis os intereses”, apuntou Gato Soengas. Na xuntanza de hoxe tamén se aprobou a adxudicación definitiva por 93.055 euros do servizo de roza nos Concellos de Paradela, Antas de Ulla, Palas de Rei, Friol, O Incio , O Corgo , Guntín e Portomarín; as adxudicacións provisionais da subministración de áridos para o Parque Móbil da Deputación por 56.255 euros e de subministración de material de oficina para os distintos servizos da Deputación por 80.000; e unha conta xustificatva do Plan de Cooperación de Comunidades Veciñais do ano 2006 cun presuposto de 5.400 euros e unha subvención de 4.000, correspondente ó Concello de Ribadeo.