Deputación de Lugo

Gómez Besteiro anuncia que a obra pública será un dos obxectivos dos Presupostos provinciais de 2009

O Presidente da Deputación clausura o IV Congreso de Obras Públicas na Cidade Romana que se celebrou en Lugo

O titular provincial destacou a participación da Deputación no Plan Urban, a futura Escola de Obras Públicas e o proxecto europeo Vías Atlánticas O Presidente da Deputación, José Ramón Gómez Besteiro, anunciou esta tarde que esta institución apostará pola obra pública nos Presupostos provinciais do ano que vén. No acto de clausura do IV Congreso de Obras Públicas na Cidade Romana, que organizou en Lugo o Colexio Oficial de Enxeñeiros Técnicos de Obras Públicas en España, afirmou que “las obras públicas se hacen especialmente necesarias en un ciclo económico complicado a nivel mundial como el que atravesamos en este momento. Por ello, la Diputación quiere contribuir a paliar estos efectos apostando, precisamente, por la obra pública en los Presupuestos de 2009, que rondarán los 140 millones de euros según nuestro Plan Económico Financiero”. Gómez Besteiro agradeceu ós organizadores a elección da cidade de Lugo, a Lucus Augusti do Imperio Romano da que “afortunadamente conservamos algunos de los vestigios más importantes de aquella época, con la Muralla de Lugo –Patrimonio de la Humanidad- como protagonista indiscutible. Por tanto, estoy seguro de que esta provincia y esta ciudad les ha ofrecido, cuando menos, un entorno muy sugerente y espero que les haya inspirado para llegar a las mejores conclusiones”. O legado romano O máximo responsable provincial destacou o grande nivel técnico das obras públicas dos romanos que, en moitos casos son utilizados 20 séculos despois. “Sin ir más lejos, muchas de las carreteras actuales de nuestra provincia siguen trazados de antiguas vías romanas”. Neste senso lembrou que a Deputación é titular dunha das redes de estradas provinciais máis extensas de toda España, con preto de 4.500 quilómetros, o que se “traduce en un gran esfuerzo presupuestario y humano para su conservación y mantenimiento, en concreto, cerca de 11 millones de euros anuales”. A futura Escola de Obras Públicas do campus de Lugo foi outro dos asuntos destacados por Gómez Besteiro, xa que a Deputación “invertirá más de dos millones de euros en este edificio que se va a construir en terrenos de titularidad provincial y con un proyecto que están redactando nuestros técnicos. También se refirió ó Plan Urban, “otra importante iniciativa que contribuirá a poner en valor el Lugo romano. Un proyecto europeo, también respaldado económicamente por la Diputación con 3 millones de euros que contempla importantes mejoras en el centro histórico de la capital”. Outro proxecto é o Vías Atlánticas, no que participa a institución provincial a través do INLUDES, en colaboración con outros organismos españois e portugueses para a posta en valor, como itinerario turístico e cultural “de la que podría ser la Guía Campsa romana, es decir, las Vías Romanas XIX y XX del itinerario Antonino: la llamada Autopista Romana del Noroeste que unía Braga y Astorga pasando por Lugo”. Nesta iniciativa investíronse 1,6 millóns de euros e “confiamos en que esta cantidad se duplique próximamente con la concesión por parte de la Unión Europea de una segunda fase”. Última xornada en Guitiriz Mañá os participantes no Congreso farán unha visita guiada á Muralla Romana, e despois desprazaranse en tren a Guitiriz, onde os recibirá ás 12 a Deputada da Área de Economía e Alcaldesa da localidade, Regina Polín. A continuación trasladaranse ó Hotel Balneario onde degustarán pratos típicos de Galicia, como polbo á feira.