Deputación de Lugo

TITIRILUCUS ARRANCA DE NOVO PARA ACHEGAR O MUNDO DOS TITERES A ESCOLARES DE LUGO

Teatro do Liló de Monforte e Spaguetti Títeres de Mondoñedo

Iniciase hoxe a segunda quenda da actividade Titirilucus. Esta actividade percorrerá os centros escolares de 30 concellos de Lugo e achegará a máis de 3.000 escolares o mundo dos Títeres. Estas actividades xa se iniciaron antes das vacacións escolares do verán e naquela primeira quenda percorreran un total de 15 concellos (Alfoz, Baralla, Castroverde, Friol, Muras, O Corgo, A Pastoriza, Rábade, Xermade, Ribeira , e Piquín, Pol, Navia de Suarna, O Saviñao, Portomarín, Láncara), hoxe iniciase a segunda queda que levará a actividade a outros 15 concellos. As actividades están dirixidas ao alumnado de Educación Primaria e levaranse a cabo en dúas xeiras; a primeira neste curso e a segunda no próximo curso. Este programa que leva a cabo a Vicepresidencia Primeira da Deputación de Lugo, a través da área de Cultura, contará coa presenza de dúas compañías lucenses que provocarán, cos seus espectáculos de títeres, que bula o maxín dos nenos e das nenas participantes nesta iniciativa. As compañías que forman parte deste proxecto son Teatro do Liló de Monforte de Lemos e Spaguetti Títeres de Mondoñedo. Esta segunda rolda de actividades pecharase entre o mes de outubro e o mes de novembro 16/10/2008 Guitiriz 16/10/2008 Baleira 17/10/2008 Guntín 17/10/2008 Meira 21/10/2008 O Páramo 21/10/2008 Rábade 23/10/2008 Cospeito 23/10/2008 Outeiro de Rei 24/10/2008 Pol 13/11/2008 Carballedo 14/11/2008 Bóveda 19/11/2008 Antas de Ulla 20/11/2008 As Nogais 21/11/2008 Folgoso de Caurel