Deputación de Lugo

O Centro de Artesanía e Deseño organiza a exposición SUAVE 2

SUAVE 2 Unha investigación textil sobre os complementos de moda

O pasado xoves día 26 de outubro a Asociación de Creadores Textiles de Madrid e o Centro de Artesanía e Deseño inauguraron na Capela de Santa María a segunda edición da bienal SUAVE, unha convocatoria con vocación didáctica e de divulgación da innovación e boas prácticas nos oficios téxtiles, na que se amosa o conxunto das obras dos trinta artistas seleccionados, xunto cos traballos de tres convidados de recoñecido prestixio cuxas obras servirán sen dúbida de motivo de reflexión e punto de partida para investigacións e exploracións persoais. A exposición permanecerá aberta ó público ata o domingo 10 de decembro no horario habitual da sala (laborables de 12 a 14h e de 18 a 21h - sábados, domingos e festivos de 18 a 21h.) A conferencia inaugural correu a cargo da Directora de Investigación da Facultade de Arte, Arquitectura e Deseño da Universidade de Londres Norma Starszasowna. Paralelamente a exposición tamén se celebra un taller de complementos dirixido por Luis Acosta durante os días 27 e 28 de outono e un Seminario dirixido por Lala de Dios que se celebrará os vindeiros 25 e 26 de novembro no Salón de Actos da Deputación coa seguinte temática: -As principais técnicas de construcción e decoración de tecidos tradicionais -Os cambios introducidos pola utilización das novas tecnoloxías: dos tecidos técnicos aos tecidos intelixentes -A clasificacion das materias téxtis. As novas fibras. O estado actual da investigación sobre producción sostible -Os novos téxtis na arte, no deseño e na artesanía. Aplicacións no mundo da moda, a arquitectura e a producción industrial. A situación en Europa e Estados Unidos e os téxtiles xaponeses -Aprendendo a ver tendencias: recursos de información (publicacións, Internet, asociacións e feiras profesionais) + información Centro de Artesanía e Deseño Tel. 982 210 066