Deputación de Lugo

O Presidente,Jose Ramón Gómez Besteiro, recibíu o novo Subdelegado de Defensa.

Recepción do novo Subdelegado de Defensa en Lugo

O Presidente da Deputación, José Ramón Gómez Besteiro, recibiu esta mañá no seu Despacho ó novo Subdelegado de Defensa en Lugo, Ricardo Cuesta Espejo. A reunión serviu para estreitar as relacións institucionais. Curiosamente, o Subdelegado tomou posesión o mesmo día que José Ramón Gómez Besteiro como Concelleiro de Lugo, o pasado 16 de xuño. O Subdelegado presentouse oficialmente ó novo Presidente da Deputación. Ricardo Cuesta é natural de Granada aínda que ten a súa residencia en Lugo desde o ano 1985. Casado cunha lucense, Cuesta Espejo reside e coñece a provincia, tal e como quedou de manifesto na xuntanza desta mañá. O Coronel do Corpo Xeral das Armas do Exército de Terra pertence á Escala Superior de Oficiais. Como agasallo institucional, o Presidente fíxolle entrega da obra “Pazos y Señoríos”, da institución provincial.