Deputación de Lugo

O presidente da Deputación manterá entrevistas cos 67 alcaldes da provincia no mes de setembro para coñecer as necesidades de cada un dos concellos

O Presidente da Deputación manterá entrevistas cos alcaldes da provincia

O Presidente da Deputación de Lugo, José Ramón Gómez Besteiro, iniciará en setembro unha rolda de entrevistas cos 67 alcaldes e alcaldesas da provincia para coñecer de primeira man as necesidades de cada un dos concellos e definir conxuntamente os proxectos que se poden acometer no futuro. O titular da Corporación Provincial xa se puxo en contacto con cada un dos rexedores a través dunha carta personalizada que foron enviadas esta mesma semana. Nestas xuntanzas, Gómez Besteiro amosará ós mandatarios locais o máximo apoio por parte de Deputación, unha institución que estará ó servizo de todos os concellos da provincia. Tamén lles transmitirá a máxima disposición por parte do equipo de goberno para atender as súas peticións. Retribucións na páxina web A petición do Presidente provincial, José Ramón Gómez Besteiro, foron colgadas na páxina web da Deputación (WWW.diputacionlugo.org) as retribucións ós membros da Corporación, tanto en réxime de adicación exclusiva como de adicación parcial, así como as retribucións ós Grupos Provinciais e ó persoal eventual aprobadas no pleno de organización celebradoo pasado 7 de agosto. Esta información pode ser consultada por todos os cidadáns no apartado “Deputación” que aparece na páxina de inicio, e dentro de “Órganos de Goberno”. A intención do Presidente é garantir a máxima transparencia no funcionamento da Deputación, un compromiso asumido por Gómez Besteiro e os seus socios de goberno no acto de investidura como máximo responsable provincial. Comisións informativas Por outra banda, segue avanzando o proceso de organización da nova Corporación. Os vocais do Grupo Provincial Socialista nas distintas Comisións son os seguintes: 1-Economía, Facenda e Especial de Contas - Regina Polín Rodríguez - Lara Méndez López - Claudio Garrido Martínez 2- Benestar Social, Igualdade, Xuventude e Turismo -Antonio Gato Soengas -Ricardo Parada Mariñas -Regina Polín Rodríguez 3- Promoción Económica e Emprego -Lara Ménez Vázquez -Xosé Mª Arias Fernández. -Melchor Roel Rivas 4- Cooperación e Asistencia ós Municipios -Antonio Gato Soengas -Juan José Díaz Valiño -Miguel Ángel Sotuela Vega 5- Personal e Réxime Interior -Melchor Roel Rivas -Ricardo Parada Mariñas -Xosé Mª Arias Fernández 6- Cultura, Patrimonio Histórico e Artístico, Deportes e Normalización Lingüística -Manuel Martínez Núñez -Claudio Garrido Martínez -Xosé Mª Arias Fernández 7- Urbanismo e Medio Ambiente -Miguel Ángel Sotuela Vega -Ricardo Parada Mariñas -Claudio Garrido Martínez 8- Infraestructuras e Obra -Miguel Martínez Núñez -Juan José Díaz Valiños - Antonio Gato Soengas