Deputación de Lugo

O Presidente da Deputación recibiu ó Deputado José Blanco e pediulle axudas para Lugo

Visita institucional de José Blanco

O Presidente da Deputación de Lugo, José Ramón Gómez Besteiro, recibiu hoxe no Pazo Provincial ó Secretario de Organización do PSOE e deputado por Lugo no Congreso, José Blanco. Gómez Besteiro sinalou que “chamará a todas as portas que podan traballar a favor de Lugo”. Neste senso anunciou que este sábado aproveitará na Fonsagrada a oportunidade para facerlle chegar ó Presidente do Goberno, José Luis Rodríguez Zapatero, “unha radiografía da situación na que se atopa toda a provincia e solicitar o apoio do Goberno central ó novo Plano Estratéxico da Provincia”. Besteiro anunciou que vai solicitar o apoio do executivo central para que a provincia reciba os novos fondos europeos, que apostarán polo medio ambiente e a innovación, entre outras áreas. O Presidente lembrou que a coordinación con todas as administracións inclúe ó Goberno Central e, nese senso, aproveitará toda o apoio de José Blanco en beneficio a provincia. Pola súa banda, o Secretario de Organización do PSOE asegurou emocionado que “me embarga una emoción especial en esta visita al Palacio Provincial, después de conseguir un objetivo largamente esperado: el gobierno de la Diputación, gracias al acuerdo entre o PSOE e o BNG”. Blanco destacou a súa especial satisfacción porque o actual presidente sexa José Ramón Gómez Besteiro, ó que lle une “una amistad que ya viene de viejo”. O Deputado lucense fixo unha especial mención sobre o atentado da banda terrorista ETA: “Condeno el atentado. Sabía que era algo que podía suceder en cualquier momento. Reitero mi compromiso para derrotar a ETA”, afirmou. Para rematar a visita, o Presidente reuniuse con José Blanco durante uns minutos no seu despacho e fíxolle entrega dun libro editado pola Deputación de Lugo.