Deputación de Lugo

O Ministerio de Industria concede unha subvención de 136.000 euros para a mellora do Servizo de Recaudación da Deputación

A Xunta de Goberno adxudica definitivamente obras dos POS 2007 por 742.000 euros

O Ministerio de Industria, Turismo e Comercio concedeu provisionalmente unha subvención de 136.000 euros para unha aplicación informática destinada ó Servizo de Recaudación da Deputación Provincial de Lugo. Este proxecto está incluído na convocatoria 2007 do Plan Avanza para o desenvolvemento da Sociedade da Información, dentro do programa “Ayuntamiento Digital”, segundo avanzou hoxe o Deputado da Cooperación cos Concellos da Deputación de Lugo e voceiro do grupo socialista, Antonio Gato Soengas. “O seu obxectivo é implantar un sistema informático que permita a xestión e a recadación integral dos tributos cuia xestión está delegada á Deputación por parte dos concellos” sinalou Gato Soengas quen dixo que os gobernos locais “poderán acceder, como usuarios, a este sistema para coñecer de forma inmediata o estado da súa recadación”. O Deputado de Colaboración cos Concellos tamén dixo que está prevista a creación da ventá do contribuínte que permitirá ós cidadáns realizar pagamentos on line, obter certificacións ou consutar expedentes persoais. Esta aplicación informática forma parte da reforma do Servizo de Recadación da Deputación de Lugo anunciada por Antonio Gato Soengas, que permitirá adiantar ós concellos ata o 80% da recadación prevista cada ano, dividida en doce mensualidades. Gato Soengas sinalou que “é un avance importante dentro do marco de reestructuración do servizo de recaudación que se levará ó pleno do 30 deste mes.” Para o voceiro do grupo provincial do PSOE “esta reestructuración será unha verdadeira ferramenta de colaboración cos concellos da provincia” Acordos da Xunta de Goberno A Xunta de Goberno da Deputación de Lugo aprobou hoxe a adxudicación definitiva de catro obras do POS 2007 por un total de 742.600 euros. Dous proxectos son de rehabilitación estructural de treitos que teñen importantes deficiencias por mor da carga de tráfico. Un deles, de 3 quilómetros na estrada La Seara-San Acisclo, en Alfoz, foi adxudicado a Construcciones Otero S.L. por 183.000 euros, e o outro, de 4,5 quilómetros do cinturón comarcal en Castro de Rei, a Canarga S.L. por 202.537 euros. A terceira obra adxudicouse definitivamente a Obras y Viales Bascuas S.L. por 307.139 e contempla a mellora e anchamento de preto de 1,5 quilómetros da estrada Sobrado-Souto de Torres en Castroverde. Por último, a cuarta obra, adxudicada á empresa Construcciones Isidoro Otero S.L. por 250.000 euros, prevé a modificación dun treito da estrada Ver-Vilaxoane en Foz de 2,8 quilómetros que pasará a ter 2 quilómetros. Tamén se acordou conceder unha prórroga dun mes á empresa Construccións e Transportes Paulino González S.L. para o remtae das obras de reparación de vías provinciais na zona do Vicedo e Viveiro así como a licitación do contrato de consultoría e asistencia para a realización de auditorías de obras cofinanciadas polo FEDER no segundo semestre de 2006.