Deputación de Lugo

A Deputación investirá preto de 1 millón de euros no canon de Quiroga e Ribas do Sil

Imaxe deputación de lugo
- Gómez Besteiro pecha cos Alcaldes destes Concellos o Plan de Obras de 2008-09 que ascende a 700.000 euros

- É o cuarto acordo que o Presidente da Deputación cerra en tan só seis días cos municipios que contan con produción hidroeléctrica, á marxe de Chantada- O titular provincial subliñou que durante moitos anos, falouse do canon, e hoxe xa é historia. Queriamos deixar zanxado este tema, sobre todo, porque estamos nun momento de crise onde todo se mira con lupa. O Presidente da Deputación, José Ramón Gómez Besteiro, continuou este mércores a rolda de entrevistas cos Alcaldes dos 15 Concellos afectados polo canon hidroeléctrico que non contan con senteza favorable. A pasada semana, Gómez Besteiro pechou as primeiras obras correspondentes ós plans 2008-2009 da Pobra do Brollón e Pantón e hoxe fíxoo cos rexedores de Ribas do Sil e Quiroga, Miguel Ángel Sotuela e Julio Álvarez Núñez, respectivamente. O investimento que realizará a Deputación en Ribas do Sil -Concello gobernado polo PSOE- e Quiroga -municipio gobernado polo PP- correspondente ó canon hidroeléctrico suma 970.015 euros. Para saldar a débeda do canon, o organismo provincial realizará no Concello de Ribas de Sil obras por valor de 461.189 euros, dos que 307.459 corresponden ás dúas primeiras anualidades. Polo que se refire a Quiroga, a cantidade total é de 508.826 euros, dos que 339.217 son para os anos 2008-09. É o cuarto acordo que o Presidente da Deputación pecha en tan só seis días cos municipios que contan con produción hidroeléctrica, á marxe de Chantada. Gómez Besteiro destacou que ó igual que fixemos con Pantón e Pobra do Brollón hai uns días, hoxe pechamos as obras do canon de dous Concellos máis. Durante moitos anos, falouse do canon, e hoxe xa é historia. Queriamos deixar zanxado este tema, sobre todo, porque estamos nun momento de crise onde todo se mira con lupa. Este foi un compromiso político que asumiu o actual equipo de goberno e que, como vén, estamos cumprindo. Estamos chegando a acordos que son beneficiosos para os Concellos. Agora estes van contar cuns cartos a maiores, e que servirán para executar obras moi necesarias para os veciños. Plan de obras Nas reunións que Gómez Besteiro mantivo cos rexedores de Quiroga e Ribas do Sil, o máximo mandatario provincial pechou as obras que se executarán nestes dous Concellos con cargo ó canon. No caso, de Ribas do Sil rematarase a Casa da Cultura e dotarase a este municipio de maquinaria para realizar obras de carácter municipal. Polo que se refire ó Concello de Quiroga, levaranse a cabo obras no contorno rural e en centros sociais, e mellorarase o acceso a varios núcleos de poboación. O Alcalde de Quiroga, Julio Álvarez, amosou a súa satisfacción pola visita de Gómez Besteiro ó que se referiu como o Presidente do Goberno da provincia. O rexedor afirmou que o tema do canon é unha cuestión importante para este Concello. Eu formei parte do goberno anterior, por tanto, que isto se resolva é algo que os Alcaldes temos que agradecer, xa que se desbloquea unha situación de xeito institucional, sen necesidade de emprender unha acción legal. Pola sús banda, o Alcalde de Ribas do Sil, Miguel Ángel Soutela, dixo que estou moi agradecido ó Presidente da Deputación. Ribas do Sil é un Concello pequeño con moitas necesidades, e o canon vai ser unha axuda. O Plan de Infraestruturas e equipamento correspondente os anos 2008 e 2009 para os 15 Concellos ascende a 4.065.917 euros. Malia que estes non contan con sentenza, sí existe un compromiso político por parte do actual equipo de goberno. Os Concellos que se benefican do reparto, a parte de Ribas de Sil e Quiroga, son: O Saviñao (419.026 euros), Taboada (358.858 euros), Paradela (265.590 euros), Portomarín (211.647 euros), O Páramo (151.548 euros), Guntín (161.705 euros), Carballedo (387.398 euros), Pantón (232.476 euros), Sober (296.880 euros), Monforte de Lemos (155.398 euros), Pobra de Brollón (157.281 euros), e zona norte (A Fonsagrada e Negueira de Muñiz): 621.427 euros. Para todos eles, a Deputación destinará ata 2010 máis de 6 millóns de euros, amparados polo Plan Económico-Financieiro da Deputación. Outros investimentos José Ramón Gómez Besteiro destacou o importante esforzo inversor que está a realizar a Deputación nos Concellos de Quiroga e Ribas do Sil que, xunto co canon, supera os 1,3 millóns de euros. No mantemento dos 90,2 quilómetros da rede de estradas provinciais destes dous municipios do sur da provincia, o organismo provincial inviste 228.159 euros. Ademais, estes dous Concellos, que teñen suscrito o convenio da roza dos viais, reciben 15.932 euros para acometer a xestión do desbroce. Polo que se refire ó Fondo Extraordinario que complementa con 4% ó Plan E do Goberno Central, Quiroga recibiu da Deputación 27.886 euros e Ribas do Sil 8.662, e no Plan de Comunidades, as subvencións suman 49.970 euros. Na súa visita ós Concellos da zona sur da provincia, Gómez Besteiro tamén aproveitou a ocasión para visitar os viñedos da adega Val de Quiroga, en San Clodio (Ribas de Sil), onde se entrevistou cos vendimadores e comprobou in situ como os estes colleitan a uva, que este ano, debido a unhas condicións meteorolóxicas favorables, acadou antes o seu grao de madurez.