Deputación de Lugo

Gómez Besteiro destaca a aposta da Deputación polo sector agrogandeiro en Chantada

Imaxe deputación de lugo
O titular provincial participou na inauguración do XVIII Concurso de Gando Frisón que se desenvolve esta fin de semana no municipio

O Presidente da Deputación, José Ramón Gómez Besteiro, participou este sábado, na inauguración do XVIII Concurso de Gando Frisón Chantada 2009, que reúne durante toda a fin de semana a unha representación das mellores gandeirías galegas e a produtores de agricultura ecolóxica. Gómez Besteiro felicitou á organización do evento “que ano tras ano, e grazas ó seu traballo, consiguiu consolidar este encontro como un dos certames gandeiros máis importantes non só da provincia, senón tamén de toda Galicia”. O titular provincial subliñou que Lugo é unha provincia eminentemente agraria, na que o sector representa un dos piares máis importantes da súa economía, xa que o 45% da cota láctea de Galicia se produce en Lugo e a provincia conta con máis de 80.000 becerras. “Por tanto, todas as administracións debemos implicarnos e reinventar fórmulas nestes momentos tan difíciles que están a atravesar os gandeiros. A Deputación de Lugo quere se estratéxica e útil á provincia. Por iso, o vindeiro ano construiremos o Centro de Recría na Granxa Gayoso-Castro”. O Presidente provincial sinalou que “na Deputación nos estamos para producir leite nin para competir co campo, senón para apoiar ó sector. O Centro de Recría, o primeiro público de España, recolle o sentir dos nosos gandeiros e contribuirá a crear postos de traballo, e a devolver a confianza ó sector”. Nesta edición, ó concurso acuden 28 gandeiros e 120 animais de toda a provincia de Lugo. O certame comezou ás once da mañá coas seccións de xatas e xovencas. O domingo será a quenda dos manexadores xóvenes e adultos, así como da subasta de gando. Agricultura ecolóxica Paralelamente ó concurso, desenvólvese a feira Ecosus, que este ano chega á súa terceira edición, converténdose nun escaparate de produtos que levan a distinción de agricultura ecolóxica. 34 expositores, 6 máis que en 2008, chegados de toda Galicia amosan ó público que esta fin de semana se achegue á Chantada produtos de calidade, e ofrecerán unha degustación dos mesmos preparada por cociñeiros do centro de hostalería de Sober.