Deputación de Lugo

A Deputación presentou o proxecto do 1º centro de recría público de España con 8,5 millóns de euros

Imaxe deputación de lugo
O Presidente explicou diante o sector agrogandeiro as características deste centro que, con 3.000 novillas, triplicará a capacidade dos 14 existentes en Galicia e aforrará custes ós gandeiros.

Dotará ás explotacións luguesas dun maior rango xenético, produtivo e sanitario, garantindo a súa continuidade nestes momentos de crise económica. Terá unha superficie construída como 5 campos de fútbol, as obras comezarán no 1º semestre de 2010 e quedarán supeditadas á axilidade coa que a Xunta conceda os correspondentes permisos. Os gandeiros galegos recrían hoxe en Zaragoza unhas 4.000 novillas, o que supón un volume de negocio de 8 millóns de euros. O Presidente da Deputación, José Ramón Gómez Besteiro, acompañado do Alcalde de Castro de Rei -Juan José Díaz Valiño-, o Deputado provincial de Gandeiría -José María Arias-, a Subdirectora General de Conservación de Recursos y Alimentación animal do Ministerio de Medio Ambiente -Isabel García Sánz- e de técnicos de TRAGSA, presentou este venres o proxecto do Centro de Recría que o organismo provincial construirá nas súas instalacións da Granxa Gayoso-Castro, no Concello de Castro de Rei. Gómez Besteiro subliñou que é un dos proxectos gandeiros máis revolucionarios levados a cabo nas últimas décadas en Galicia e será o primeiro centro de recría de iniciativa pública de España, así como a súa teima por facer unha Deputación útil e obrigarnos a ser aínda máis imaxinativos e responsables nesta época de crise. Tendo en conta que, en palabras do Presidente, o leite é o ladrillo de Lugo e a vaca é como a Citroën, esta é a grande aposta da Deputación polo sector agrogandeiro. O centro nace coa vocación de ser un referente non só a nivel galego, senón no noroeste peninsular, polo que ten visos de ser como a segunda Universidade de Veterinaria de Galicia, afirmou o Presidente. O proxecto terá tal magnitude que triplicará o servizo que prestan hoxe os 14 pequenos centros de recría existentes nesta Comunidade, xa que porá a disposición dos gandeiros 3.000 novillas e terá un investimento aproximado de 8,5 millóns de euros, preto de 1.500 millóns das antigas pesetas. Segundo o estudo de Tragsa, os gandeiros galegos están recriando fundamentalmente no centro de Zaragoza unhas 4.000 novillas, o que supón un volume de negocio de 8 millóns de euros, destacou o titular provincial. As reses entrarán no Centro con 15 días e sairán preñadas con 24 meses de idade, momento no que acadarán os 700 quilos aproximadamente e serán devoltas á explotación de orixe. A infraestrutura disporá de 14 naves, nas que se ubicarán 370 casetas. Ocupará unha extensión de máis de 7 hectáreas construídas, ou o que é o mesmo, a súa superficie equivale a 5 campos de fútbol. Cando llo encargamos a Tragsa pedímoslle aproveitar en todo o posible a granxa actual, reconvertindo as instalacións. Por iso conseguimos aproveitar 4.000 metros cadrados actuais, e construiremos os restantes: 68.000 metros cadrados, relatou o Presidente. As obras empezarán no primeiro semestre do próximo ano. Unha vez rexistrado o proxecto no Concello de Castro de Rei, remitirase ás Consellerías de Medio Ambiente, Urbanismo e Patrimonio para obter a licenza de obra e así iniciar os traballos. Por tanto, os prazos e a rapidez quedarán supeditados á axilidade coa que respondan. Modelo compartido No acto de presentación, no que tamén participaron numerosos Alcaldes, deputados autonómicos e nacionais, entidades financieiras, gandeiros e cooperativas da provincia, sindicatos agrarios e destacadas empresas do sector, o titular provincial explicou a importancia que ten este servizo para a Deputación. Neste senso, subraiou que na Granxa Gayoso-Castro non podiamos seguir competindo cos gandeiros. A Deputación non está para producir leite, senón para ser útil ó sector e máis neste momento de crise. Por iso os obxectivos son: reducir custes nas explotacións, aumentar o número de prazas rendibles con animais co máximo nivel produtivo e genético, aforrar gastos das becerras e do tratamento de residuos e crear postos de traballo no rural, asegurando a continuidade das explotacións. Gómez Besteiro explicou que iniciamos unha senda onde buscaremos o apoio do Ministerio, Xunta, entidades financieras… porque queremos que sexa compartido pero a Deputación sacará este proxecto sí ou sí. O Presidente tamén avanzou que na xestión queremos implicar ó sector, que asumades responsabilidades nun proxecto como este. O centro de recría convertirase nun escenario de investigación, aberto ós alumnos de Veterinaria e doutras facultades pero será especialmente innovador no seu modelo de xestión medioambiental de residuos, Xa que estamos diante un centro autosuficiente, capaz de xestionar o 100% dos seus residuos, converténdoos en enerxía. A administración ten que dar exemplo, explicou o Presidente. As 3.000 novillas xerarán 28.000 metros cúbicos ó ano de purín, o que obriga a facer unha xestión racional. Aforrar ós gandeiros Lugo ten máis de 5.700 explotacións que producen ó ano máis dun millón de toneladas de leite, o que representa o 46% da cota láctea de toda Galicia e as explotacións da provincia dispoñen de máis de 80.000 becerras maiores de 24 meses pero en todo o territorio galego só existen 14 explotacións de recría nas que hai 1.000 novillas. Estes datos revelan que as explotacións existentes son insuficientes para facer a recría, o que obriga ós gandeiros a comprar animais noutras Comunidades Autónomas ou países como Francia e Alemaña para facer a reposición, e isto non sempre lles asegura unha garantía sanitaria e unha calidade xenética do animal, senón que supón moitas veces un risco para as vosas explotacións. A isto hai que sumarlle que coa crise moitos teñen que facer a recría con medios propios. Ata o día de hoxe a recría faise fóra, o que supón un custe aproximado de 1.500 euros por novilla. O Deputado de Gandeiría, José María Arias, explicou que cando chegamos á Deputación esta granxa non servía para nada. Ou reconvertíamos esto ou… para qué se estaban gastando 2 millóns de euros ó ano de cartos públicos? Non había nin veterinario, hoxe o hai. O Deputado, gandeiro de profesión, agradeceu a Besteiro a súa implicación na reorientación da granxa e denunciou que a recría hoxe non se fai en Galicia ou faise en malas condicións, cos animais misturados de diferentes idades, necesidades, etc. Se hoxe fas o Camiño de Santiago, case non vés vacas. Aínda estamos a tempo de salvar as 5.700 explotacións que temos en Lugo, porque 20.000 xa foron destruídas.