Deputación de Lugo

Gómez Besteiro salienta o esforzo do Goberno Central na ampliación das novas actuacións do Plan E

Imaxe deputación de lugo
A provincia recibirá preto de 38,5M€ dentro do segundo FEIL que está orientado a proxectos medioambientais, tecnolóxicos e sociais

O Presidente da Deputación insta á Xunta a poñer en marcha unha iniciativa semellante xa que “ser austeros non é facer nada, senón que hai que reinventarse” O Presidente da Deputación, José Ramón Gómez Besteiro, salientou na rolda de prensa posterior a xuntanza que este venres mantivo cos Alcaldes da Mariña para a certificación medioambiental da praias o esforzo do Goberno Central na ampliación das novas actuacións do Plan E, “xa que os fondos do segundo FEIL están orientados a proxectos medioambientais, tecnológicos, e sociais e o ano pasado a infraestruturas”. O titular do organismo provincial lembrou que a Comunidade recibirá 301 millóns dentro do Plan E, dos que a provincia de Lugo lle corresponden preto de 38,5, e salientou o feito de que o proxecto do Estado favoreza a creación de 12.000 empregos en Galicia. Neste senso, Gómez Besteiro instou á Xunta de Galicia a poñer en marcha un plan semellante, “porque en épocas de bonanza económica hai que impulsar actuación coma esta e habilitar gastos correntes. O 2010 vai ser complicado para todos, tendo en conta que a contribución do Estado á Deputación reducíuse nun 22%, o que supón 20 millóns de euros menos. Ser austeros non é facer nada, senón que hai que reinventar”. Plan E de 2008 A Deputación subvencionou co 4% os proxectos de obras enmarcados dentro do Plan E de 2008. Pagou o 53% destas actuacións, e está a tramitar o 47% restante. Gómez Besteiro destacou que “o ano pasado, a Deputación tivo unha capacidade de reacción rápida ante o anuncio deste Plan e, en 24 horas, puxemos en marcha un fondo complementario para subvencionar os proxectos. En 2009, o Plan de Zapatero xa contempla facerse cargo do investimento total, polo que na Deputación non temos que adicar fondos a este fin, senón que temos que continuar desenvolvendo actuacións para seguir sendo útiles e estratéxicos”.