Deputación de Lugo

O prestixioso xoieiro alemán Thomas Buchter imparte un obradoiro no CENTRAD para profesionais

Imaxe deputación de lugo
Trátase dun recoñecido artesán que deseña e elabora pezas únicas para firmas de luxo a nivel internacional

O prestixioso xoieiro alemán Thomas Buchter está a impartir un curso no Centro de Artesanía e Deseño, dependente da Deputación, para profesionais da provincia. Trátase dun recoñecido deseñador de xoias, cuxos traballos forman parte de recoñecidos firmas internacionais como Pierre Cardin y Esprit, Kathrin Kumar, ou Hans Baier. Thomas Buchter formouse na Herman Trautz, unha fábrica de accesorios de luxo que comercializa os seus produtos por todo mundo. Ademais, acadou o título de deseñador de xoias na Fachschule für Scmuck und Gerärt, unha prestixiosa escola especializada nesta arte. Dende entón, traballa realizando pezas únicas para distintas coleccións. O Centro de Artesanía e Deseño conta coa súa colaboración co obxetivo de ensinar ós artesáns lucenses as técnicas máis vangardistas da xoiería, e crear novas oportunidades de emprego mediante o intercambio de experiencias con profesionais doutros paises. Neste senso, ó longo do ano, outros prestixiosos artesáns de Galicia, Cataluña, Andalucia, Extremadura, Francia, e Inglaterra participarán na programación oficial de cursos do CENTRAD. Preto de 10 xoieiros da provincia enchen o obradoiro Engaste con Buril do deseñador alemán, no que se están a realizar complexas pezas de pedrería. A xornada prolongarase ata o 26 de marzo, e incluso continuará durante esta vindeira fin de semana. Da mesma forma, Thomas Buchter estará de novo no CENTRAD o vindeiro mes de setembro impartindo o curso de xoiería Granulación tamén dirixido a profesionais de Lugo.