Deputación de Lugo

A Deputación inviste preto de 600.000 euros no canon do Páramo e Portomarín

Imaxe deputación de lugo
Gómez Besteiro pechou o Plan de Obras 08-09 destes municipios, que ascende a 370.000 euros

Trátase do sexto acordo acadado nun mes polo titular provincial cos Concellos que non contan con sentenza favorable O Presidente da Deputación destacou o importante esforzo inversor que está a realizar o organismo provincial nestes dous municipios, que xunto co canon, ascende a 1,3 millóns de euros O Presidente da Deputación, José Ramón Gómez Besteiro, continuou este xoves a rolda de entrevistas cos Alcaldes e Alcaldesas dos 15 Concellos afectados polo canon hidroeléctrico, á marxe de Chantada, e que non contan con setenza favorable. Gómez Besteiro xa pechou as primeiras obras correspondentes ós plans 2008-2009 de Pobra de Brollón, Pantón, Quiroga e Ribas de Sil e hoxe fíxoo cos rexedores dPáramo e Portomarín, Gumersindo Rodríguez e Silvia Rodríguez, respectivamente. O investimento que realizará a Deputación no Páramo –Concello gobernado polo PP- e en Portomarín –municipio gobernado polo PSOE- correspondente ó canon hidroeléctrico suma 544.793 euros. Para saldar esta débeda, o organismo provincial realizará no Concello do Páramo obras por valor de 227.322, dos que 151.548 corresponden ás dúas primeiras anualidades. Polo que se refire a Portomarín, a cantidade total é de 317.471 euros, dos que 211.647 son para os anos 2008-2009. Desde xeito, o organismo provincial concede dous terzos da débeda a estes Concellos quedando só un terzo para o 2010. É o sexto acordo que o Presidente da Deputación pecha no prazo dun mes cos outros Concellos que contan con produción hidroeléctrica, á marxe do municipio chantadino. Gómez Besteiro destacou que “hoxe pechamos o plan de obras con dous Concellos máis e xa van seis. Por fin o canon deixa de ser unha débeda histórica que tiña a Deputación con esta provincia. Agora os municipios dispoñen duns cartos a maiores que servirán para crear novos postos de traballo e para executar obras moi necesarias e demandadas polos veciños. Non é diñeiro perdido porque funciona como unha conta corrente e non afectan aos orzamentos do organismo provincial”. Da mesma forma, o máximo mandatario provincial subliñou que, deste xeito, “a Deputación cumpre coa palabra dada a estes Concellos, a pesares de non contaren con sentenza que o estipule. É un compromiso político que asumiu o actual equipo de goberno”. A Alcaldesa de Portomarín agradeceulle ao Presidente da Deputación “cumprir coa palabra dada”, ao tempo que salientou a “boa relación” que ten o Concello co organismo provincial. Silvia Rodríguez lembrou que Portomarín “foi a localidade elexida para a presentación de Km0 a Compostela, unha iniciativa que converte a Deputación na primeira institución provincial cunha programación previa e estable ao Xacobeo”. Pola súa banda, o Alcalde do Páramo destacou que o acordo do canón “é unha decisión unánime do Concello que vai beneficiar aos veciños que tiñan as terras baixo o encoro”. Plans de Obras Nas reunións que Gómez Besteiro mantivo cos rexedores destes dous Concellos, o titular provincial pechou as obras que se executarán no Páramo e en Portomarín con cargo ó canon nas dúas primeiras anualidades. No primeiro caso, levarase a cabo a rexeneración de vías e a sinalización das zonas afectadas dos núcleos ribeiraos. Neste senso, o titular do organismo provincial anunciou que “xa o vindeiro luns, técnicos da Deputación concretarán a inversión e determinarán os lugares onde actuar”, ao mesmo tempo que subliñou “o esforzo do organismo provincial no Páramo, nun momento de crise, e cos orzamentos austeros da Xunta que, no caso deste Concello, se viron reducidos nun 20%”. Polo que se refire ó Concello de Portomarín, procederase á reurbanización das rúas Benigno Quiroga, de Lugo e Conde Valdemar, así como á rehabilitación e mellora da Praza Condes de Fenosa. Da mesma forma, Gómez Besteiro reiterou que os técnicos do organismo provincial farán nos vindeiros días os proxectos para así “aforrar cartos aos Concellos”. O Plan de Infraestrutras e equipamento correspondente ós anos 2008 e 2009 para os 15 Concellos ascende a 4.065.917 euros. Ademais do Páramo e Portomarín, os municipios que se benefican do reparto son: O Saviñao (419.026 euros), Taboada (358.858 euros), Paradela (265.590 euros), Guntín (161.705 euros), Carballedo (387.398 euros), Pantón (232.476 euros), Ribas de Sil (307.459 euros), Quiroga (339.217 euros), Sober (296.880 euros), Monforte de Lemos (155.398 euros), Pobra de Brollón (157.281 euros), e zona norte (A Fonsagrada e Negueira de Muñiz): 621.427 euros. Outros investimentos José Ramón Gómez Besteiro destacou o importante esforzo inversor que está a realizar a Deputación nos Concellos do Páramo e Portomarín, que xunto co canon, ascende a 1,3 millóns de euros. No mantemento dos 76,3 quilómetros da rede de estradas provinciais destes dous Concellos, o organismo provincial inviste 192.862 euros. Ademais, estes municipios, que teñen suscrito o convenio de roza dos viais, reciben 14.486 para acometer a xestión do desbroce. Dentro do Fondo Extraordinario que complementa co 4% o Plan E do Goberno Central, ó Paramo correspondéronlle 12.530 euros e a Portomarín 13.436, e no Plan de Comunidades Veciñais de 2008 nestes Concellos a aportación da Deputación suma 64.975 euros. Así mesmo, o organismo provincial acondicionou 5,8 quilómetros da estrada provincial CP 4303 que vai da Pobra de San Xillao ó Páramo. A obra conta cun investimento de 420.000 euros e inclúese dentro do Plan de Obras e Servizos de 2008. Neste senso, Gumersindo Rodríguez salientou “a satisfacción do Concello con esta actuación que acadaou moi bo resultado”. Gómez Besteiro subliñou a “necesidade de que todas as Administracións arrimen o ombreiro en tempo de crise, ao tempo que lle propuxo á Xunta de Galicia “a creación dun Plan E na Comunidade para fomentar o emprego e mellorar os servizos aos veciños”. Recepción de alcaldes O Presidente da Deputación, José Ramón Gómez Besteiro, foi recibido polos alcaldes do Páramo e Portomarín, Gumersindo Rodríguez e Silvia Rodríguez, respectivamente, nos Concellos destas localidades onde Gómez Besteiro saudou ademais aos menbros das dúas Corporacións Municipais. Na nova Casa Consistorial do Páramo, o titular do organismo provincial agasallou ao Alcalde entregándolle unha pequena reprodución dunha cítara en prata, e unha bufanda, ámbolos dous agasallos elaborados polos artesáns do Centro de Artesanía e Deseño dependente da Deputación. Mentras, o rexidor municipal deulle a Gómez Besteiro un escudo en prata do Concello. En Portomarín, Silvia Rodríguez fíxolle entraga ao Presidente da Deputación dunha fotografía do pobo antes de quedar baixo a auga. Ao mesmo tempo, que o titular do organismo provincial agasallou á Alcaldesa cuns pendestes de bronce e prata feitos polos artesáns do CENTRAD.