Deputación de Lugo

Gómez Besteiro amosa o apoio da Deputación ao arte gráfico e aos debuxantes galegos

Imaxe deputación de lugo
O Presidente do organismo provincial inaugura EXPOMANGA, unha pioneira mostra sobre este estilo gráfico e a cultura xaponesa

O Centro de Artesanía e Deseño organiza esta exposición que se poderá visitar na Capela de Santa María durante a fin de semana EXPOMANGA reúne preto de 20 pinturas, cómics, “animes”, “art books”, figuras e ata traxes de recoñecidos héroes deste arte xaponés O Presidente da Deputación, José Ramón Gómez Besteiro, inaugurou este venres EXPOMANGA, una mostra sobre este estilo gráfico e a cultura xaponesa que organiza o CENTRAD, dependente do organismo provincial, e acolle a Capela de Santa María durante a fin de semana. Gómez Besteiro subliñou que esta exposición “quere amosar aos cidadáns a calidade dos debuxantes galegos, e abrir as portas a outros estilos artísticos”. Durante o acto de inauguración, no que tamén estiveron a Vicepresidenta Segunda da Deputación, Lara Méndez, e a Concelleira de Cultura de Lugo, Rosana Rielo, o titular da institución provincial explicou que “Galicia, e en concreto Lugo, conta con importantes artistas gráficos, cuxos traballos non son recoñecidos na Comunidade, senón fóra dela”. Neste senso, puxo como exemplo o Salón do Cómic de Barcelona, a exposición desta materia con máis prestixio en España, e onde participan debuxantes galegos, entre eles, un dos participantes en EXPOMANGA. Neste senso, Gómez Besteiro salientou que “o que buscamos con esta mostra é que os nosos artistas non marchen a Madrid ou a Barcelona na búsqueda de oportunidades. Queremos que sexa un punto e seguido, e que a partir de agora, veñan outas actividades coma esta, que xunto ao Salón do Cómic da Coruña, son as únicas sobre esta materia que se organizan en Galicia”. Horarias e artistas EXPOMANGA estará na Capela de Santa María durante toda a fin de semana co seguinte horario: de 11:00 horas ás 15:00 horas, e de 17:00 horas ás 21:00 horas. A mostra reúne obras do artista Sebastián González Ibarra, e todo tipo de material relacionado co mundo do manga, da animación e do cómic, de Tótem, a única tenda na provincia lucense especializada no manga. Sebastián González Ibarra expon preto de 20 pinturas, algunhas delas propias, e outras inspiradas en recoñecidas series, películas e cómics. Pola súa banda, Manuel Veiga, propietario de Tótem, amosa cómics, “animes” (debuxos de animación), “Art books” importados dende Xapón (recopilatorio de imaxes manga), figuras de coñecidos héroes, e incluso “cosplays” (traxes de personaxes manga).