Deputación de Lugo

Outras 60 persoas colaboran coa Deputación na promoción ó exterior dos Camiños de Lugo co Km0 a Compostela

Imaxe deputación de lugo
Este grupo de veciños súmanse ós centos de lucenses e recoñecidas personalidades en España que xa participaron no programa do organismo provincial

A Deputación puxo en marcha esta iniciativa aproveitando a extraordinaria oportunidade que brinda o Xacobeo para impulsar a economía da provincia Membros da Fundación de Dano Cerebral en Lugo –FUDACE- e do colectivo cultural de maiores Via tamén da capital, foron recibidos este martes no Pazo de San Marcos para participar no programa medioambiental Km0.Deputación de Lugo. No primeiro dos casos, viaxarán á Mariña, e no segundo á Ribeira Sacra. Este mércores, a Costa lucense voltará a ser o destino dos 60 integrantes da asociación ALUME que farán unha travesía pola ría de Ribadeo. Pola súa banda, un grupo de 50 persoas redescubrirán a zona da Montana, e achegaranse ó Mazo de Santa Comba, a Torre de Altamira, e a Ponte de Ojival. Outras 60 persoas realizarán o xoves o Camiño Francés ó seu paso por Lugo co Km0 a Compostela. Concretamente, realizarán o treito que une O Cebreiro e Triacastela. Deste xeito, estes veciños súmanse ós centos de lucenses e recoñecidas personalidades en España que xa participaron no programa do organismo provincial colaborando coa Deputación na promoción ó exterior das rutas de peregrinación de Lugo. A Deputación puxo en marcha esta iniciativa o pasado mes de setembro converténdose na primeira administración cunha programación previa e estable ó Xacobeo, e aproveitando a extraordinaria oportunidade que brinda o Ano Santo para impulsar a economía de Lugo a través do turismo, o deporte e a multiaventura. Co Km0 a Compostela xa fixeron o Camiño de Santiago veciños de distintos puntos da provincia; Alcaldes e Alcaldesas de América Latina, Europa e O Caribe; o Presidente de Cantabria, Miguel Angel Revilla; deportistas coma Chus Lago, Fernando Romay, o plantel do Leite Río Breogán, os irmáns Vallejo, ou Luis Moya; así como as Cantareiras de Ardebullo e Roberto Vilar; ademais da Sociedade Española do Corazón –SEC-, os directores dos medios de comunicación en Galicia; e recoñecidos deseñadores da Comunidade. Da mesma forma, tamén o xoves, o colectivo de veciños A Ribeira de San Mamede do Páramo viaxará á Ribeira Sacra, visitará a Bodega Abadía da Cova, e fará unha ruta por Chouzán, e o Mirador do Cabo do Mundo.