Deputación de Lugo

A Vicepresidenta Segunda da Deputación participará no
I Encontro de Mulleres Rurais Emprendedoras do Medio
Rural Galego

Imaxe deputación de lugo
Ó acto tamén asistirán o Conselleiro de Traballo e o Alcalde de Lugo

A Vicepresidenta Segunda da Deputación, Lara Méndez, participará mañá sábado no I Encontro de Mulleres Rurais Emprendedoras do Medio Rural Galego que se celebrará no Mercado de Abastos de Lugo. A través desta iniciativa, organizada pola Federación de Asociacións de Mulleres Rurais (FADEMUR) e coa colaboración da Deputación e o Concello de Lugo, preténdese facer visible o papel das mulleres no eido do rural, e continuar traballando pola igualdade e o seu progreso, xa que a súa actividade contribúe a crear un tecido económico importante en Galicia. No acto inaugural, ademais de Lara Méndez, participarán o Conselleiro de Traballo, Ricardo Varela, o Alcalde de Lugo, José López Orozco, o Secretario de Unións Agrarias, Roberto García, e a Presidenta de FADEMUR España, Teresa López. Ademais, poderase disfrutar da presentación, información, exposición, degustación e venda de productos de toda Galicia elaborados e dirixidos por mulleres nas áreas de turismo rural, alimentación, artesanía, aproveitamento de escolas rurais, innovación e novas tecnoloxías. Haberá entorno a 30 expositoras que presentarán ó público as súas producións ó longo de toda a xornada que fará visible o traballo das mulleres no medio rural e a importancia do seu aporte como motor económico e tecido fundamental do medio rural, entre eles un de Km0 no que se ofrecerá información sobre este programa de visitas institucionais á Deputación e á provincia e repartirase diverso material divulgativo do mesmo. O encontro contará ademáis cun servizo de atención a nenas e nenos de entre 4 e 12 anos no Centro Social Municipal Uxío Novoneyra en horario de 11:00 a 18:00 horas.