Deputación de Lugo

Responsables de parques naturais en África interésanse polas políticas medioambientais da Deputación

Imaxe deputación de lugo
O Presidente da Deputación e o Vicerreitor do Campus lugués inauguran o Curso de capacitación para xestores de espazos naturais protexidos africanos

Unha vintena deste profesionais coñecen o o programa medioambiental Lug02 co obxetivo de aplicar semellantes técnicas de protección ambiental en reservas naturais africanas O Presidente da Deputación, José Ramón Gómez Besteiro, e o Vicerreitor do Campus de Lugo, Carlos Herrero, inauguraron este venres o Curso de capacitación para xestores de espazos naturais protexidos africanos . Trátase dunha xornada dirixida a responsables de parques naturais en África na que abordan as técnicas de protección medioambiental empregadas en España. O curso, no que ademais da Deputación e a USC colaboran o Ministerio de Medio Ambiente, e o Centro de Extensión Universitaria e Divulgación Ambiental de Galicia –CEIDA-, desenvólvese logo do interese destes profesionais polas políticas medioambientais empregadas no país. Neste senso, elixiron Lugo como primerio lugar a estudar debido a súa riqueza mediambiental. A provincia conta con 3 Reservas da Biosfera avaladas polo UNESCO que se extenden no 55% do territorio. O obxetivo dos participantes é avaliar a xestión destes espazos para logo aplicar políticas que permitan o desenvolvemento sostible de África. Por iso, unha vintena de xestores medioambientais en Cabo Verde, Guinea Bissau, Mozambique, Angola, Timor Leste, Santo Tomé, e Príncipe, coñeceron Lug02, o programa medioambiental do organismo provincial que aposta pola economía verde. O titular do organismo provincial explicou que, co cambio de Goberno, esta Deputación reorientou as políticas de actuación e fixo posible captar 20 millóns de euros da Unión Europea que permitiron poñer en marcha proxectos como Lug02, una iniciativa dotada de 5 millóns de euros, co-financiada nun 70% con fondos FEDER e un 30% polo organismo provincial, que impulsa os espazos naturais da provincia, e que converte o “medio ambiente, na nosa oportunidade económica”. A xornada rematou coa visita ó Centro de Interpretación da Reserva da Biosfera Terras do Miño, o Sistema de Información Territorial do Edificio CACTUS do Campus lugués, as lagoas de Caque, Cospeito, e o Río Miño. Nos vindeiros días, os participantes seguirán na Comunidade e visitarán o Parque Nacional das Illas Cíes.