Deputación de Lugo

Gómez Besteiro e recoñecidos deseñadores galegos promocionan os Camiños de Lugo co Km0 a Compostela

Imaxe deputación de lugo
A comitiva visitará as instalacións do Centro de Artesanía e Deseño no Río Rato coincidindo coa celebración do 15º aniversario da posta en marcha do CENTRAD

Trátase dun acto previo á celebración da I Gala Muralla Moda 2010 cuxas entradas xa están esgotadas e decenas de persoas enchen as listas de espera O Presidente da Deputación, José Ramón Gómez Besteiro, recibirá este domingo, ás 15:00 horas, no Centro de Interpretación de Terras do Miño, a recoñecidos deseñadores galegos ós que lles dará a coñecer Km0 a Compostela, o programa co que o organismo provincial se converteu na primeira administración cunha programación estable e previa ó Xacobeo. Deste xeito, Francis Montesinos, Kina Fernández, Florentino Cacheda, Jorge Acuña, Manuel Bolaño, Sara Lage, Maru Calderón, Inés Penelas, Lucía Dorado, Montse Arias, Ramón Rebolo, Luis Areñas, e Ricardo Díaz, colaboran coa Deputación na promoción dos Camiños da provincia ó exterior. Gómez Besteiro e o resto de membros da comitiva partirán ás 17:15 horas do centro de Terras do Miño, para camiñar ata o Centro de Cestaría onde coñecerán o traballo que están a desenvolver os artesáns da provincia coincidindo coa celebración do 15º aniversario da posta en marcha do CENTRAD. Trátase dun acto previo á celebración da I Gala Muralla Moda 2010 coa que profesionais deste sector tamén se involucran na celebración do 10º aniversario da Muralla como Patrimonio da Humanidade declarado pola UNESCO. O evento, que terá lugar o vindeiro 19 de abril ás 21:00 horas, contará coa presencia de centos de persoas que encherán o Círculo das Artes de Lugo xa que todas as entradas están esgotadas, e hai decenas de persoas en lista de espera. Paseo Cardiosaudable A comitiva coñecerá ademais o primeiro paseo cardiosaudable de España, Ponte a Andar¡. Trátase dunha iniciativa que a Deputación, en colaboración coa Socieadade Española do Corazón –SEC-, e a Fundación Española do Corazón –FEC-, puxo en marcha no Paseo do Río Rato co obxectivo de fomentar os hábitos cardiosaudables na provincia. O Paseo está formado por 10 mensaxes ou regras que se deben seguir para diminuír o risco de padecer alguna enfermidade cardiovascular: “levar unha dieta saudable; camiñar trinta minutos ó día; nunca fumes. Se fumas, déixao xa!; mantén o teu peso ideal; vixía a túa cintura; coñece e controla a túa tensión arterial; vixía os teus niveis de colesterol e glicosa; aprende a controlar o teus estrés e a túa ansiedade; coñece o teu risco cardiovascular; e comparte as túas dúbidas con outra xente. Da mesma forma, o Presidente aproveitará a visita dos deseñadores para poñer en valor os produtos autóctonos de Lugo. Deste xeito, agasallará a estes profesionais con lotes de degustación da campaña de promoción do organismo provincial Lugo-Sabe. Deseñadores Francis Montesinos, deseñador valenciano recoñecido a nivel internacional, foi o primeiro español premiado coa Agulla de Ouro da Moda en España. Cos seus traballos rendiu homenaxe a Picasso, Camarón, ou Sorolla. Os seus últimos deseños, que presentará na I Gala Muralla Moda, están inspirados no Monumento lugués. Kina Fernández, deseñadora coruñesa, comezou a súa actividade no ano 79. Vinte anos máis tarde presenta a súa colección por primeira vez na capital do país durante a Fashion Week, e evoluciona cara Kina Fernández Collection, marca coa que dá o salto ó mercado internacional. Florentino Cacheda, fillo de sastre e estudante de deseño e moda en Barcelona, está considerado como un dos profesionais da moda máis respetados do país. Este empresario, e veciño de Lalín, especializouse en moda masculina que comercializa polos cinco continentes. O grupo que dirixe aumenta cada ano o volume de negocio a nivel nacional e internacional. Jorge Acuña é un dos lucenses con maior proxección no mundo da moda. Traballou cos deseñadores Juanjo Oliva, Carmen March, Fosca Bertrán ou Sybilla, así como nas Pasarelas Cibeles, Gaudí, e na Semana da Moda de París. En 2007 crea a súa propia firma, e un ano máis tarde inaugura tenda en Madrid. Manuel Bolaño. Este mozo lugués comezou a súa traxectoria profesional no equipo de Mango. Hoxe está posicionado contundentemente na moda nacional. O seu estilo marcou varias edicións da Barcelona Fashion Week. Sara Lage e Maru Calderón remataron os estudos de Deseño facendo prácticas con Carolina Herrera. Traballaron para Adolfo Domínguez, e a peletería luguesa INPE. Con apenas vinte anos, as lucenses presentaron as súas propias coleccións en Cibeles. Na actualidade, teñen unha tenda na capital luguesa. Inés Penelas é deseñadora de prendas de pel que van dende os pantalóns, ata os vestidos, cinturóns, ou zapatos. As súas coleccións atópanse nas tendas de Inpe en Lugo e Madrid. Ademais, os traballos desta luguesa xa formaron parte de firmas como Loewe, Daniele Alessandrini, ou Zoomp. Lucía Dorado, tamén lucense, creou Chicadecanela, unha marca que combina o deseño e a artesanía para formar produtos exclusivos. Os seus traballos chegaron xa a Prêt-â-Porter en París, e comezaron a súa expansión por Europa e Estados Unidos. Montse Arias naceu en Madrid onde rematou os estudos de Deseño na escola Politécnica. Leva 14 anos afincada na capital de Lugo onde ten unha casa de noivas –Paloma del Río-. Ramón Rebolo colaboradora con ela creando complementos. Luis Arenas está considerado como o primeiro deseñador masculino da capital luguesa. Ricardo Díaz é dono da tenda luguesa Dulce Locura, e promotor da organización da I Gala Muralla Moda 2010.