Deputación de Lugo

A Deputación acolle a presentación do libro
“Emitindo en Dixital. Deseños de futuro en radio e televisión”

Imaxe deputación de lugo
Gómez Besteiro participará no acto de presentación da publicación que está elaborada por quince profesionais da comunicación

A Deputación de Lugo acollerá mañá venres a presentación do libro “Emitindo en Dixital. Deseños de futuro en radio e televisión”, proxecto impulsado polo Consello Asesor de RTVE-G e patrocinado polas Secretarías Xerais de Comunicación e de Política Lingüística. O Presidente da Deputación, José Ramón Gómez Besteiro, participará no acto de presentación xunto con outras autoridades como o Alcalde de Lugo, José López Orozco, o Secretario Xeral de Comunicación, Fernando Salgado, a Secretaria Xeral de Política Lingüística, Mari Sol López Martínez, o Vicepresidente do Consello Asesor da RTVE-G, Juan José Quintáns Paredes, e o coordinador o libro, José Miguel Túñez, entre outros. A publicación, coa que colabora a institución provincial, está elaborada por quince profesionais do mundo da comunicación. Aborda distintos temas relativos á dixitalización, así como ás concesións estatais, autonómicas e locais da Televisión Dixital Terrestre, a televisión interactiva, a televisión local desde a perspectiva da imprecisión conceptual e do desenvolvemento do modelo en Galicia, audiencias de televisión e radio en Galicia, o fenómeno da dixitalización, que implica novos formatos, actitudes sociais e estratéxicas de mercado dos medios, a calidade do galego nos medios de comunicación e a televisión por cable en Galicia.