Deputación de Lugo

A Deputación, o Concello de Viveiro e “La Caixa” poñen en marcha a Casa do Emigrante

Gómez Besteiro inaugurou a oficina provincial que ten unha inversión inicial de 80.000 euros e está co-financiada pola Deputación e a entidade financiera.

Esta dotación é consecuencia da viaxe instucional que o Presidente da Deputación realizou a Sudamérica, captará investimentos para a provincia e respostará a unha das principais demandas dos lucenses no exterior. O titular provincial elexiu o sistema de videoconferencia para entregar os diplomas do programa formativo que puxo en marcha a Deputación en Arxentina e Venezuela, e anunciou que a finais deste mes comezará a formación en Uruguai. O Presidente da Deputación, José Ramón Gómez Besteiro, acompañado polo Alcalde de Viveiro, Melchor Roel Rivas, o Delegado Xeral de La Caixa en Galicia, Marc Benhamou, e a Vicepresidenta Segunda, Lara Méndez, inaugurou este venres a oficina provincial que atenderá a todos os emigrantes e inmigrantes lucenses, denominada a Casa do Emigrante. Gómez Besteiro destacou o papel que desempeñou o rexedor viveireinse para que esta dotación abrise as súas portas. A oficina en Viveiro é a porta ós emigrantes de Lugo, pero tamén a todos aqueles proxectos empresariais que teñen como destino a nosa provincia. Esta medida é consecuencia da viaxe institucional que o máximo mandatario da institución provincial fixo a Sudamérica no mes de setembro e responde a unha das principais demandas dos lucenses residentes no exterior. Este servizo foi descentralizado da sede provincial de San Marcos e canalizarase a través da ampliación da oficina xa existente no Concello de Viveiro, que foi respaldada en numerosas ocasións por asociacións e ONGs como Médicos sen Fronteiras. A Casa do Emigrante conta cun presuposto de 80.000 euros, dos que a Deputación achega 40.000, a mesma cantidade que La Caixa. Para a súa posta en marcha aproveitarase a dotación e o persoal co que conta a oficina viveirense, que actuará como enlace para toda a provincia. Arranca coa actual plantilla, dous traballadores sociais e unha licenciada en Dereito, que se reforzará en función das necesidades. A oficina está formada por dúas salas, unha máis grande que terá carácter polivalente e outra, de menor medida, para o proceso administrativo. En total, terá unha superficie de 100 metros cadrados. O horario de atención ó público será de 9:00 a 14:00 horas e de 16:00 a 19:30 horas, desenvolveranse diferentes actividades como apoio educativo a escolares inmigrantes. O obxectivo desta oficina é mellorar a comunicación da comunidade lucense co exterior, de xeito que se poidan establecer canles de información que permiten resolver moitas veces pequenas cousas para os lucenses que tiveron que emigrar. É o caso das herdanzas, cemiterios, partidas de nacemento, etc. Ademais, e isto é moi importante, presta tanto información económica como dos posibles investimentos na provincia. As principais funcións a Casa do Emigrante será a promoción e a integración na comunidade do colectivo inmigrante, de tal xeito que levará a cabo actuacións coordinadas con diferentes administracións, institucións, axentes sociais e entidades privadas. Asimesmo, tamén prestará orientación ó emigrante retornado e traballará con aqueles emigrantes ou fillos destes que permanecen no país de acollida e facilitará ferramentas tanto a nivel social como laboral para unha integración efectiva da muller inmigrante. Segundo datos do mes de xaneiro, dos 325.266 galegos residentes no exterior, case 43.000 lugueses e o 80% residen en Iberoamérica. Comunicación con Bos Aires e Venezuela O Presidente a Deputación elexiou o sistema de videoconferencia para entregar os diplomas do Programa Iniciativas Emprendedoras dirixido a emigrantes lucenses e ós seus descendentes asentados en Venezuela e Bos Aires. Durante o encontro virtual, que foi todo un éxito, os emigrantes lucenses amosaron o seu interese en realizar investimentos na nosa provincia. Gómez Besteiro estivo acompañado polos Presidentes da Fundación CREA, Javier Collado Cortés, da Asociación de Empresarios Galegos de Venezuela (AEGV), Cándido Rodríguez Losada, e da Asociación de Empresarios Galegos de Arxentina (AEGA), Rafael Osvaldo Méndez, ademais de numerosos veciños e representantes de asociacións. A Deputación de Lugo é a primeira institución de España que puxo en marcha un ciclo formativo para lucenses residentes nos países de Uruguai, Venezuela e Arxentina co obxectivo de crear riqueza ós sus emigrantes no país de destino e non para o retorno. Os cursos realizados foron todo un éxito e están a ter unha grande repercusión social en Sudamérica. A súa posta en marcha é froito do protocolo do proxecto Iniciativas-Empresariales que asinaron os responsables do Banco Nación e da Diputación Lucense, Matías Kulfas e José Ramón Gómez Besteiro, durante o transcurso de encontro que o titular de la institución luguesa mantivo no país arxentino. A través deste proxecto o ente provincial impulsa a creación e consolidación de empresas de lucenses e galegos para facilitar o desenvolvemento de negocio a ámbolos dous lados do Atlántico. A partir deste plan lucenses ou descendentes destes poderán beneficiarse de asistencia técnica e en materia financieira para o desenvolvemento de ideas empresariais. A Deputación destinou a esta iniciativa 145.000 euros.