Deputación de Lugo

Gómez Besteiro destaca a transformación da zona oeste da cidade de Lugo

Imaxe deputación de lugo
O Presidente da Deputación inaugura as Festas de San Antonio de Padua do barrio lucense do Castiñeiro coa lectura do pregón

O Presidente da Deputación, José Ramón Gómez Besteiro, inaugurou as Festas de San Antonio de Padua do barrio lucenese do Castiñeiro coa lectura do pregón. Gómez Besteiro destacou o esforzo dende o Concello “na increíble transformación” da zona oeste da cidade. Intervención do Presidente da Deputación Boas noites, por dicir algo…Hai que pedirlle a San Antonio de Padua un pouquiño de sol verdá !. Hoxe, máis que nunca, síntome na casa, e explícolles porqué. Son un chaval da Milagrosa, que naceu en Lamas do Prado, e que se criou nesta zona da cidade. ¡Que boas lembrazas teño deste lugar!…… Sempre que veño a esta praza me vén á cabeza a imaxe deste chaval, aínda que moito máis cativo, comendo o seu primeiro bocadillo de fuagrás… ¡Foi todo un descubrimento ! Por todo o que me une a este barrio, sempre digo que aquí aprendín a vivir, a traballar e a convivir. Asegúrolles que experimentei a increíble transformación deste lugar en primeira persoa. Por un lado, por ser da zona, e logo polo traballo que desempeñei ó fronte da Concellería de Urbanismo antes de chegar á Deputación. Durante os anos que fun Concelleiro, a miña obsesión foi rematar coas fronteiras para lograr unha cidade unida, sen seccións e sen límites físicos. Por iso, implicamos a moitos empresarios no desenvolvemento urbanístico da zona, e así poñer fin a aquel barrio do Castiñeiro pechado, que daba a sensación de que aquí se acababa a cidade. Conseguimos o noso obxectivo e hoxe, os barrios de Lugo xa se extenden moito máis alá. Permítanme que faga unha comparación. Son o máis novo de 3 irmáns. De feito, entre bromas cos meus familiares e amigos, sempre me din que son un “fallo” debido a diferencia de idade. Ante isto, eu replico que “os últimos serán os primeiros”. Precisamente, isto é o está a acontecer con esta zona da cidade. O esforzo do Concello permitirá que moi preto, onde antes estaba o matadoiro da Abella, se constrúa unha innovadora zona residencial, cun deseño novo, con diferentes alturas, con novas rúas que comuniquen co centro e que rompan coa estrutura que anteriormente era un impedimento ó crecemento do entorno, con máis de 35.000 metros cadrados de zonas verdes, con parques infantís, instalacións deportivas, e ata cun novo centro comercial… ¡Xa lles dicía que os últimos serán os primeiros! Como ven, o futuro é prometedor aínda que o cambio desta zona xa foi radical. Todos somos conscientes de cómo foron cambiando as cousas. Sen ir máis lonxe, nesta praza contamos con novo alumeado público, con novos bancos, e cunha fonte restaurada. ¿E que me dín do Centro de Convivencia Díaz Castro que permite que os nosos maiores estén ben atendidos e entretenidos; do Punto Xuvenil onde os máis novos buscan asesoramento persoal e laboral; ou da Aula do Castiñeiro coa que xa non nos sonan a chino as novas tecnoloxías? Pero hai unha cousa claro que non cambiou. Este é un barrio vivo e unido, que se construíu dende abaixo co apoio de todos. Estas festas son o mellor exemplo disto xa que, malia que a ningún de nós nos sobran os cartos, gracias o voso esforzo e o noso, contamos cunha programación que nada ten que envidiar a de anos anteriores. Por todo isto, as miñas máis sinceiras felicitacións á Asociación de Veciños. Sen dúbida, vós amosades que o Castiñeiro é unha zona de xente traballadora, e no que conviven de forma harmónica cidadáns de todas as idades. Xuntos, como fixemos ata o de agora, temos que seguir traballando para que O Castiñeiro sexa un referente en canto á transformación, un espazo para a vida, o traballo e a convivencia, do que todos nos sintamos orgullosos de pertencer. Felices festas a todos !