Deputación de Lugo

A Deputación mellora en tempo récord a estrada de Cuíña a Lugo na que investiu 600.000 euros

Imaxe deputación de lugo
O organismo provincial executou con fondos propios o acondicionamento deste vial e satisface unha vella demanda dos veciños

Os traballos, que tiveron un prazo de execución de 2 meses, incluiron a aplicación de aglomerado en quente nun treito de preto de 6 quilómetros A Deputación rematou este venres as obras de mellora da estrada provincial CP 2906 que comunica Cuíña con Lugo, e que contaron cun investimento de 600.000 euros. O organismo provincial executou con fondos propios o acondicionamento desta vía de titularidade provincial, actuando coa máxima celeridade, xa que as obras iniciáronse no mes de abril e tan só dous meses despois quedaron rematadas. Os traballos desenvolvéronse nun treito de preto de 6 quilómetros, concretamente dende o punto quilométrico 0,000 ó 5,870. Incluiron as seguintes actuacións: sete centímetros de aglomerado en quente, ensanche da plataforma, drenaxe lonxitudinal e transversal, colocación de bases para colectores, e sinalización vertical e horizontal. Deste xeito, a Deputación que preside José Ramón Gómez Besteiro satisface a demanda dos veciños da zona, xa que era unha actuación moi reivindicada por eles ó contar cunha grande afluencia de tráfico e ó comunicar coa antiga Frigsa.