Deputación de Lugo

Gómez Besteiro destaca a importancia dos produtos autóctonos na promoción económica da provincia

O Presidente da Deputación participou no acto que distingue á Casa Grande de Nadela como Maestro Asador de Lechazo

Este é o primeiro establecemento de Lugo e o cuarto de Galicia en recibir este recoñecemento da Asociación de Asadores de Lechazo de Castilla y León O Presidente da Deputación, José Ramón Gómez Besteiro, participou este xoves no acto de decobrimento dunha praca que distingue ó restaurante A Casa Grande de Nadela, do Concello de Lugo, como Maestro Asador de Lechazo. Trátase do primeiro restaurante da provincia de Lugo e o cuarto de Galicia en recibir esta distinción por parte da Asociación de Asadores de Lechazo de Castilla y León. O titular provincial amosou a súa satisfacción por que un restaurante da provincia de Lugo estea incluído entre os 90 establecementos de 25 provincias de toda España que teñen esta distinción. Gómez Besteiro considera “que é un recoñecemento moi merecido xa que a Casa Grande de Nadeala asa o lechazo de forma tradicional, como hai 400 anos, e cónstame que recibiu unha nota moi alta por parte da Asociación de Asadores”. Ademais de felicitar ós donos e traballadores do restaurante, o Presidente agradeceu esta decisión ós representantes da Asociación que “seguro que coñecen aquello de …. e para comer, Lugo. Podo asegurarlles que A Casa Grande de Nadela fai honra a ese lema”. Gómez Besteiro loubou o labor que está a facer a Asociación de Asadores para dar a coñecer o lechazo fóra de Castela e León. Nesta liña destacou o traballo que está a facer a Deputación “na promoción dos produtos autóctonos da nosa provincia, que son de moitísima calidade”. O Presidente lembrou que “un dos obxectivos do proxecto europeo LugO2 é a promoción económica da nosa provincia a través dos seus produtos. Dentro desta iniciativa está “Lugo Sabe”, un obsequio institucional constituído por produtos gastronómicos lucenses, como o queixo de San Simón da Costa, viño de A Ribeira Sacra, aceite de Quiroga, tarta de Mondoñedo, bonito de Celeiro ou castañas en almíbar de Chantada”. O Presidente puntualizou que “os nosos produtos non están reñidos cos que nos chegan dotras Comunidades; máis ben ó contrario. Cando hai calidade, no existen fronteiras, e esta é unha ocasión ideal para o irmanamento gastronómico entre nuestras dos Comunidades”.