Deputación de Lugo

A Deputación cede os terreos para que o MARM acondicione os accesos á praia de Rueta

Lara Méndez visitou os traballos que contan cun investimento de 1,2 millóns de euros

O MARM investirá máis de 3,8 millóns de euros para reparar os danos ocasionados polo temporal no litoral de Lugo A Vicepresidenta Segunda da Deputación, Lara Méndez, acompañada do Secretario Xeral do Mar, Juan Carlos Martín Fragueiro, supervisou os traballos de acondicionamento dos accesos á praia de Rueta, nos termos municipais de Burela e Cervo, que está a levar a cabo o Ministerio de Medio Ambiente, Rural e Mariño. Para a execución das obras, que contan cun investimento de 1.146.708 euros, a Deputación cedeu 3,5 metros nunha lonxitude de 3,3 quilómetros da estrada provincial 15,10 que vai de San Ciprián por A Marosa a Burela. Méndez destacou que “esto é un exemplo do que debe ser a colaboración entre administracións para o beneficio de todos os veciños. Neste caso non só dos Concellos de Cervo e Burela, senón tamén de toda a comarca. Esta é unha estrada de titularidade provincial e a Deputación cedeu os terreos para que Costas puidese levar a cabo as obras de acondicionamento”. O Secretario Xeral do Mar agradeceu á Institución luguesa a colaboración prestada para levar a cabo as obras que contemplan a construción dun sendeiro litoral de 3,3 qilómetros, que se sitúa entre as praias da Marosa e da Rueta, conectando os Concellos de Burela e Cervo así como, cos sendeiros locais xa existentes. No acto, no que tamén estiveron presentes os Alcaldes de Burela e Cervo, Alfredo Llano e Alfonso Villares, así como o Subdelegado do Goberno, Jesús Otero, o Delegado de Pesca en Lugo, José Ramón Val Alonso, o voceiro do PSOE no Parlamento galego, Ismael Rego, e a Deputada no Congreso por Lugo, Margarita Pérez Herráiz, Juan Carlos Martín explicou que o proxecto non xera un novo impacto ambiental, xa que emprega a infraestrutura existente. Reparación danos ocasionados polo temporal O Ministerio de Medio Ambiente, Medio Rural e Mariño, a través da Dirección Xeral de Sostenibilidade da Costa e o Mar, vai investir 3,8 millóns de euros para reparar os danos ocasionados polo recente temporal que azoutou con forza o litoral da provincia de Lugo. As obras que se van levar a cabo, no termo municipal de Foz, van reparar os desprendementos duns 15.000 metros cúbicos de ladeira, que o pasado 2 de febreiro, se produciron na pendente do monte, con afección á liña ferroviaria de FEVE, á liña de fibra óptica e ós cidadáns que empregan a praia, polo que se considerou necesaria unha actuación inmediata por parte da Dirección Xeral de Sostibilidade da Costa e o Mar. As obras, que se tramitan como proxecto de emerxencia, xa redactado, contan cun presuposto de 3,8 millóns de euros. Obras na Mariña Por outra banda, o Ministerio de Medio Ambiente, Medio Rural e Mariño, leva a cabo outras actuacións no litoral lugués. Cun investimento de 3.509.106 euros, estase a executar o museo relacionado con temas medioambientais e costeiros de todo o litoral (aproximadamente 3.000 metros cadrados de superficie). Este museo, de singular valor arquitectónico, permitirá poñer en valor todos os temas relacionados coa costa galega. O solar, en primeira liña de praia, foi adquirido polo Concello de Foz e cedido ó MARM. Asimesmo, estanse a recupar espazos públicos e unha senda peonil entre a Lagoa e Peizás. Esta actuación conta cun investimento de 1.225.597,32 euros. Cun presuposto de 1.531.076 euros, a Dirección Xeral de Sostibilidade da Costa e o Mar adquiriu os terrenos para o control da regresión da praia de Arealonga e execución dun sendeiro litoral e dotación de servizos a praias. Outra das obras é a demolición da construción en sistema dunar de praia de LLas e a súa recuperación medioambiental. O MARM vai investir 16.056,27 euros nesta actuación. Todos estes investimentos forman parte da política do Ministerio de Medio Ambiente, Medio Rural e Mariño, para recuperar o litoral español colaborando coas Comunidades Autónomas e os Concellos das zonas afectadas, e levando a cabo as actuacións necesarias para a mellora da franxa litoral respetando as características medioambientais e paisaxísticas de cada zona.