Deputación de Lugo

Concluídos os traballos de demolición do muro e do “paseo da castellana” do Fogar de Santa María

Neste semana procederase á construcción do muro de contención, beirarrúas e dársena de bus

O Instituto de Desenvolvemento Económico e Social (INLUDES) xa concluíu os primeiros traballos de remodelación do Fogar de Santa María, sito na Ronda da Muralla. Nestes momentos, xa están concluídos os traballos de demolición do engadido posterior que une os pavillóns 1, 2 e 3, do teito que comunica o pavillón 1 coa Capela de Santa María e o derribo do muro exterior de mampostería de pizarra rematado cunha albardilla de granito e rexas que serven de peche ó INLUDES. As obras contan cun orzamento de 48.543 euros e un prazo de execución de 3 meses. Nesta semana procederase a construción dun muro de contención, beirarrúas e dársena de bus. Os traballos tamén incluíron a demolición de 4 palmeiras e 9 buxos que serán trasplantados unha vez rematados os traballos. Con esta rehabilitación preténdese recuperar o aspecto inicial do edificio construído por Bellido, un dos arquitectos máis importantes do século XX, que foi Presidente dos Arquitectos de España e ten, entre outras obras, o Círculo das Artes de Lugo. Esta actuación enmárcase dentro do proxecto global de remodelación e das obras que se levarán a cabo no recinto do Fogar de Santa María. Estes traballos teñen un orzamento total de 2.430.550 euros e un prazo de execución de 2 anos (2008-2010). O proxecto é financiado ó 100% pola Deputación, a través do INLUDES. As instalacións do Instituto de Desenvolvemento Económico e Social ocupan unha extensión de aproximadamente 12.000 metros cadrados. Datan do ano 1.919. Descrición dos elementos a demoler - Engadido de unión dos pavillóns 1, 2 e 3. Trátase dunha galería de unión formada por unha cuberta plana de forxado de formigón armado e piares do mesmo material. O pechado é de mampostería de pizarra ata unha altura de 70 centímetros. O resto, ata unha altura de 3 metros é de carpintería de aluminio con cristais fixos. - Cuberta que une o pavillón 1 coa Capela de Santa María. Trátase dunha pequena cuberta a dúas augas apoiada sobre dúas vigas de formigón armado, que se sustentan nos muros de peche das edificacións. - Muro exterior que serve de peche ó recinto na zona da Ronda da Muralla. Esta construción de mampostería de pizarra, de altura variable, desde 2,30 a 0.90 metros, pecha o recinto do fogar ó longo da beirarrúa da Ronda da Muralla. Máis de metade de dito muro sofriu reformas posteriores que non seguiron o trazado orixinal.