Deputación de Lugo

46 Concellos, máis do dobre que o ano pasado, xestionarán a roza das estradas provinciais en 2009

A Xunta de Goberno aproba o convenio-tipo que asinará o Presidente da Deputación cos Alcaldes destes municipios que suman 2.814 quilómetros e ó que se destinan preto de 500.000 euros

Gato destaca que “a aprobación se fixo moi en tempo para que todo o trámite administrativo estea listo para o comezo dos traballos” 46 Concellos asumirán este ano a xestión da roza das estradas provinciais que pasan polos seus termos municipais, 25 máis que en 2008, segundo anunciou este venres o voceiro do grupo provincial socialista Antonio Gato Soengas. “Esto representa máis de dous terzos do total de municipios da nosa provincia e demostra que cada vez hai máis Concellos que ven as vantaxas desta iniciativa que puxo en marcha por primeira vez o actual equipo de goberno”. A Xunta de Goberno aprobou convenio-tipo que asinarán os Concellos ós que se lle encomenda a xestión do desbroce das vías provinciais. Gato Soengas subliñou a rapidez coa que se actuou xa que “o convenio-tipo vén de aprobarse agora mesmo, e hoxe xa serán asinados os de Burela e Viveiro polo Presidente da Deputación, José Ramón Gómez Besteiro, e os Alcaldes destas localidades mariñanas, Alfredo Llano e Melchor Roel”. O Deputado dixo que “a aprobación foi moi en tempo para que todo o proceso administrativo estea listo cando se inicien os traballos a finais da primavera ou comezos do verán”. Segundo o voceiro socialista, os 46 municipios suman 2.814 quilómetros de estradas provinciais. A Deputación destina a estes convenios 497.268 euros, co que se multiplica por dous a cantidade destinada a este fin o ano pasado. En 2008 se destinaron 246.000 euros para a roza dos 1.348 quilómetros dos 21 Concellos que asinaron o convenio. Os Concellos que se suman este ano ó convenio da roza son os seguintes: Abadín, Alfoz, Baleira, Barreiros, Becerreá, Begonte, Bóveda, Burela, Castro de Rei, Castroverde, Cervantes, Folgoso do Courel, Chantada, A Fonsagrada, Foz, Guitiriz, Guntín, Láncara, Monforte de Lemos, Monterroso, Navia de Suarna, Negueira de Muñiz, Ourol, Palas de Rei, Pantón, Paradela, Páramo, A Pastoriza, Pedrafita do Cebreiro, Pobra do Brollón, Pol, A Pontenova, Portomarín, Quiroga, Rábade, Ribas do Sil, Ribadeo, Riotorto, Samos, Sarria, Taboada, Triacastela, O Valadouro, Vilalba, Viveiro e Xove. “Confiamos en que o ano que vén este número aumente”, apuntou Gato. Outros acordos da Xunta de Goberno A Xunta de Goberno tamén aprobou o expedente de expropiación para a execución da obra do POS 2007 para o acondicionamento da estrada provincial “Ver-Vilaxoane”, no Concello de Foz entre os puntos quilométricos 0,000 e 2,280. Outro dos acordos foi a cancelación de garantía defitivas constituídas para respostar a contratos correspondentes a 5 obras. ç