Deputación de Lugo

O Ministerio de Fomento construirá unha nova Ponte sobre o Miño que mellorará en Lugo a permeabilidade e a movilidade entre ámbalas dúas marxes

A inversión prevista ascende a 25 M€

Tamén se van a construír os viais necesarios para conectar a circunvalación da N-VI coas estradas do sur de Lugo, por unha parte, coa estrada de Portomarín LU-612, á altura do nacemento do Regato Chousa da Fonte, e por outra parte, coa antiga estrada de Santiago (actual N-543) á altura do acceso ó Policlínico Lucense e que dá acceso ó barrio da Ponte. A Ministra de Fomento, Magdalena Álvarez, presentou este martes o proxecto da Nova Ponte sobre o Río Miño, un compromiso do Ministerio de Fomento, recollido no Protocolo asinado co Concello de Lugo o 9 de octubro de 2004 e permitirá mellorar os accesos e saídas do casco urbano desde o Oeste da cidade, sustituíndo nesta función a antiga ponte romana que soportaba altas intensidades de tráfico. O Presidente da Deputación, José Ramón Gómez Besteiro, participou no acto de presentación do proxecto, cuio investimento previsto ascende a 25 M€, e pretende lograr a máxima integración ambiental e urbana no singular contorno do río Miño ó seu paso pola cudade de Lugo e mellorar decisivamente a permeabilidade e a mobilidade entre ámbalas marxe da cidade. O estudo Informativo aprobou a denominada “Alternativa 2”, situando a nova ponte a unha distanza de 600 metros ó sur do Balneario de Lugo, na ubicación máis axeitada para situar un enlace de conexión coa N-VI, é dicir a estrada que circunvala a cidade de Lugo polo seu lado Oeste. A topografía da zona na que se proxectou a ponte obedece a unha zona periurbana de grande pendente que discorre ata a cunca do río Miño. A zona da marxe dereita conta cunha pendente suave ata a chaira de inundación do río, intercalada por zonas de cultivos. Na marxe esquerda, pola que discorre a circunvalación de Lugo da N-VI, o terreo é abrupto con grandes desniveis e pendentes. A ponte proxectada atravesa o río e conecta ámbalas dúas ladeiras donde se constrúen, en cada un dos extremos da ponte, sendas glorietas. A lonxitude total da nova ponte metálica é de 195 metros, distinguíndose dos treitos: un de 95 metros de lonxitude sobre a cunca do río Miño, cunha tipoloxía estrutural de arco parabólico con tableiro inferior, e outro, de 100 metros, que é un viaducto de acceso á ponte arco, cun esquema estrutural tipo viga-caixón con dous vanos de 50 metros de luz e cuia principal función é a de minimizar a ocupación dos terreos na ladeira dereita do río, permitindo a máxima permeabilidade nesta zona. Esteticamente a imaxe exterior do tableiro é a mesma nos 195 metros de lonxitude total da ponte. A sección transversal do tableiro presenta dúas calzadas separadas por unha mediana cun ancho total da sección de 24,10 metros no treito recto da puente, na que se aloxan beirarrúas en ámbalas dúas marxe de 2,10 metros. No treito en “arco”, a sección transversal amplíase ata 26,30, a efectos de dotalo de dúas beirarrúas de 3,20 metros, donde se ubica unha alineación de bancos. Con este proxecto, ademais da propia ponte, vanse construír ó Oeste do río Miño os viais necesarios para conectar a circunvalación da N-VI coas estradas do sur de Lugo, por una banda, coa estrada de Portomarín LU-612, á altura do nacemento do Regato Chousa da Fonte, e por otra banda, coa antiga estrada de Santiago (actual N-543) á altura do acceso ó Policlínico Lucense e que dá acceso ó barrio da Ponte. Con estas conexións ábrense, por tanto, novas saídas da capital cara a futura Autovía A-54 de Lugo a Santiago. No vial de conexión coa LU-612 proxectouse para salvar a cunca do Regato Chousa da Fonte, por motivos medioambientais, un viaducto de catro vanos de 27 metros de luz cunha lonxitude total de 108 metros, que remata nunha glorieta na confluencia coa estrada de Portomarin. No vial de conexión coa N-543 proxectouse un paso inferior para permitir a permeabilidade transversal ás fincas colindantes. Este vial remata nunha intersección en cruz coa antigua estrada de Santiago. O enlace coa estrada N-VI resolveuse cun enlace de tipoloxía diamante con glorieta superior conectada mediante catro ramais coa N-VI. Os dous ramais do lado do río discorren sobre estruturas de 108 e 156 metros de lonxitude, a efectos de mellorar a integración visual e ambiental da obra, mentras que os outros dous ramais do lado da cidade proxéctanse apoiados sobre un muro e a propia ladeira. Os ramais do lado do río están dotados de beirarrúas de 2,10 metros para permitir o acceso peonil á ponte desde a adxacente Parque do Miño. A estrutura da glorieta sobre a N-VI proxéctase cunha lousa formigón armado e os ramais mediante unha lousa de canto variable de formigón pretensado con vanos de 18 e 24 metros.