Deputación de Lugo

A Deputación adxudica obras en 4 Concellos por valor de máis de 3 millóns de euros

Logo de que a Xunta de Goberno aprobase a licitación, o organismo provincial iniciará ó longo deste mes os traballos do módulo de atletismo de LugoEstá dotado con preto de 1,2 millóns de euros e será a infraestrutura destas características máis completa de GaliciaA Casa Consistorial de Fonsagrada, o auditorio de Chantada e novas obras en Pantón, centran as outras actuacións aprobadas pola Deputación. As obras comezarán nos vindeiros días

A Xunta de Goberno da Deputación aprobou este venres a adxudicación de novas actuacións en catro Concellos por valor de 3 millóns de euros. Trátase da construción do módulo de atletismo de Lugo por valor de 1.150.000 euros, que se localizará na zona das Pedreiras. Os obras comezarán este mes, polo que antes do verán poderá estar rematado, tal e como informaron os voceiros do equipo de goberno, Antonio Veiga e Antonio Gato Soengas.

Neste senso, os Deputados de Cultura e de Cooperación cos Concellos destacaron que “a boa xestión do equipo de goberno fixo que, cos remanentes, se puidese impulsar esta iniciativa, que resposta a esa grande demanda dos atletas para poder realizar os seus adestramentos”.

A infraestrutura contará cun sistema de calefacción económica e medioambientalmente sostible, xa que irá conectado a unha caldeira de biomasa que será a que produza a enerxía necesaria para quentar os máis de 2.000 metros cadrados. Será apta para realizar adestramentos e para competir, xa que vai ser o módulo máis completo de toda Galicia, caracterizado pola absoluta modernidade, “e supón o maior investimento feito pola Deputación en Atletismo”. Cando se rematen os trámites está previsto que se homologue, sendo o único de toda a Comunidade que conte con estas características para algunhas competicións.

Outras actuacións aprobadas

Asimesmo, deuse conta do inicio das obras da Casa Consistorial da Fonsagrada, iniciadas hoxe e nas que o organismo provincial inviste 850.000 euros. Dentro do canon, tamén se adxudicaron o acondicionamento do acceso á igrexa de Ferreira por valor de 151.240 euros e do auditorio de Chantada. O investimento desta actuación é de 902.444 euros. A este respecto, Gato Soengas destacou que “con estas obras tamén se crea emprego e non só co Lugo Emprega, promovendo investimento en obra pública e estimulando ás empresas. Mentres outras administracións caen profundamente en picado é a Deputación a que está actuando para frear a caída de emprego. Precisamente, os Concellos nos que máis baixou o número de parados foron Foz, Monterroso, Ribadeo, A Fonsagrada e Sarria”.

Aprobáronse 6 contas xustificativas do Plan de Comunidades Veciñais de 2010. Suman un total de 95.413 euros, dos que a Deputación achega 65.007. Pertencen ós Concellos de O Corgo (2), Castroverde, Chantada, Navia de Suarna, Negueira de Muñiz e A Pastoriza.