Deputación de Lugo

A Deputación iniciará en xuño o movemento de terras para a construción das 13 naves do Centro de Recría

En cumprimento dos prazos establecidos, a finais deste meses a empresa rematara co valado, desbroce e traslado de animais para poder actuar tanto nas instalacións existentes como nas de nova construciónO organismo provincial acomete a licitación da infraestrutura en dúas fases co fin de axilizar os traballos bloqueados pola Xunta durante máis dun ano e polo anterior equipo de goberno provincial que mantivo estas instalacións sen licenza de actividadeConcluídas estas obras, dotadas con 6 millóns de euros, procederase á dotación interior das naves e á instalación da estación depuradora para a xestión da totalidade dos residuos

A Deputación avanza nas obras de construción do Centro de Recría da Granxa Gayoso Castro, que iniciou o día 2 de maio tal e como anunciara o Presidente da Deputación, José Ramón Gómez Besteiro, durante a sinatura do convenio con Tragsa, a empresa pública que finalmente resultou adxudicataria dos traballos. Deste xeito, a finais de maio remataranse as obras iniciais, que inclúen os valado e desbroce da finca, así como o traslado dos animais a outros cobertizos e cornadizas para poder iniciar en xuño o movemento de terras para a construción das 13 naves que acollerán as 3.000 novillas, así como as 370 casetas para a recría.

O organismo provincial acomete a licitación da infraestrutura en dúas fases co fin de axilizar os traballos bloqueados pola Xunta, administración que tardou máis dun ano en conceder a declaración de impacto medioambiental (DIA) -documento imprecindible para iniciar as obras-, e polo anterior equipo de goberno provincial que mantivo estas instalacións sen licenza de actividade. As primeiras obras están dotadas con 6 millóns de euros, e financiadas na súa totalidade polo organismo provincial.

Simultaneamente, acometerase a instalación do saneamento, abastecemento de auga e servizo eléctrico, ademais do traslado do invernadoiro no que os alumnos das titulacións relacionadas coa Horticultura e Xardiñeiría do Instituto de Castro de Rei realizan prácticas. Concluídas estas obras, que teñen un prazo de execución de 9 meses, iniciaranse os trámites para a segunda adxudicación. Esta parte inclúe a urbanización, dotación interior das naves e instalación da estación depuradora, que permitirá que o Centro sexa autosuficiente, é dicir, con capacidade para xestionar o 100% dos residuos que xeren na Granxa, converténdoos en enerxía. As 3.000 novillas xerarán 28.000 metros cúbicos ó ano de purín, o que obriga a facer unha xestión racional.

O Centro de Recría é o proxectos máis ambicioso levado a cabo en Galicia nos últimos anos e ten un orzamento de 12 millóns de euros. Triplica a capacidade dos 14 que existen na actualidade na Comunidade e permite ós gandeiros que as súas explotacións sexan máis rendibles economicamente, reducir os custes que supón facer a recría e mellorar a calidade xenética da cabana gandeira. Ademais, converterase nun escenario de investigación, aberto ós alumnos de Veterinaria e doutras facultades, especialmente innovador no seu modelo de xestión medioambiental de residuos.