Deputación de Lugo

A Deputación impulsa por 2º ano consecutivo a Festa do Marisco

É a cita gastronómica de promoción da Mariña, promovida por “El Progreso” en colaboración coa institución provincial, Concello de Cervo e empresarios da costa lucenseLogo do éxito da 1º convocatoria que tivo lugar en 2010 no Porto de Burela, os organizadores logran a súa reedición o 27 de agosto, na Praza dos Campos de San CibraoO menú está composto por nécoras, percebes, berberechos, cigalas e mexillóns e o seu prezo será de 20 euros ou de 18 no caso de mercar os tiquets de xeito anticipado

A Vicepresidenta Segunda, Lara Méndez, participou este xoves na presentación da II Festa do Marisco. É a cita gastronómica de promoción da Mariña mediante a posta en valor dos seus produtos pesqueiros. Está organizada por “El Progreso” e  impulsada por segundo ano consecutivo pola Deputación en colaboración con dito grupo lucense de comunicación, empresarios mariñanos e o Concello de Cervo. Precisamente, será este municipio, concretamente a Praza dos Campos de San Cibrao, quen acolla este festexo o vindeiro 27 de agosto.

Méndez salientou que “un ano máis, tiñamos que sumarse a este proxecto porque cumpre un dos principais fundamentos que hai pouco máis de 4 anos instauramos nesta institución: a cooperación en prol do desenvolvemento de Lugo. Este é tamén o principio que basea Lug02, o programa medioambiental que nos permitíu poñer á venda en establecementos de distintos puntos de Galicia os primeiros 150 produtos autóctonos que acadaron a marca de garantía de auténtica calidade da Deputación; ou mesmo distribuír máis alá das nosas fronteiras lotes de alimentos como bonito de Celeiro, as fabas de Lourenzá, as roscas de Viveiro ou as pezas de Burelarte”.

A Festa do Marisco surxiu o ano pasado cando o Progreso propuxo potenciar de xeito conxunto unha xornada durante a época estival, de carácter rotatorio, é dicir, cada ano acolleríaa un Concello da Mariña, na que se ofrecese a un prezo competitivo de 20 euros un menú composto por nécoras, percebes e berberechos da costa lucense, así como cigalas e mexillón das de Coruña e Pontevedra. O éxito acadado na primeira convocatoria, que tivo lugar no Porto de Burela, levou a unha nova suma de esforzos para a súa reedición en 2011.

A este respecto, a Vicepresidenta Segunda destacou que dende a institución provincial “vamos a seguir xerando riqueza na provincia colaborando ano tras ano con iniciativas coma este festexo ou poñendo en marcha novas medidas dentro da segunda parte de Lug02 para a que a Unión Europea nos concedeu fondos, acadando ós 6,5 millóns de euros”.

Venda de tiquets

Na segunda edición desta cita gastronómica, repítese o menu e o seu prezo. Degustaranse por tanto, nécoras, percebes, berberechos da Mariña, así como cigalas e mexillóns das Rías Altas e Baixas. Todo, a 20 euros. No caso de adquirir os tiquets por anticipado este custe redúcese ós 18 euros. As localidade xa están a disposición dos interesados na oficina central de “El Progreso” na capital lucense, así como nas súas delegacións en Ribadeo, Viveiro e Burela. Tamén se poden mercar no Palacio do Cristal de Burela e na Casa da Cultura de Cervo.

Ademais de Lara Méndez, participaron no acto de presentación da II Festa do Marisco que tivo lugar na Casa Consistorial cervense, o Alcalde deste municipio, Alfonso Villares, o Deputado Autonómico José Manuel Balseiro, e o Director Xeral de “El Progreso”, José de Cora.

Colaboradores

A reedición deste festexo non sería posible sen a suma de esforzos entre: “El Progreso”, Deputación de Lugo, Concello de Cervo, Distribuciones Carreiras, Cetaría Burela, Restaurante Palacio del Cristal, Molineros Construciones, Grupo Rodabell, Aluminios Cruz de Venta, Construciones Metálicas Bidueiros e Logaidea Comunicación.