Deputación de Lugo

A Deputación, 1ª administración galega que crea actividades para impulsar o Castelo de Pambre

Tan só tres días despois de que tomase posesión como Deputada, Pilar García Porto inaugura a exposición “La caja de Piedra” do artista palense, Fermín del Amo, que permanecerá na fortaleza ata o 25 de setembroO organismo provincial colaborou na financiación desta novidosa mostra, que está formada por xigantescas pezas de ferro e madeira, e versa sobre os míticos 57 canteiros que deixaron pegada nos muros do Castelo

Tan só tres días despois de que tomase posesión como Deputada provincial, Pilar García Porto, xa iniciou a súa actividade política. Este sábado inaugurou a exposición “La Caja de Piedra”, que permanecerá no Castelo de Pambre ata o 25 de setembro grazas á colaboración prestada pola Deputación, quen fixo posible que a fortaleza do século XIV acollese por primeira vez na historia unha exposición aberta ó publico.

Neste senso, García Porto subliñou que “dende o minuto un a Deputación quixo colaborar con esta exposición. Por un lado, porque poñemos en valor unha das mellores mostras da arquitectura medieval e das poucas que quedaron en pé trala Revolta Irmandiña e, segundo, porque o impulso dos recursos da patrimoniais e culturais contribúen a xerar riqueza na provincia”.

Deste xeito, a Deputación, que participou no financiamento da iniciativa, convértese na primeira administración en Galicia que pon en marcha actividades que impulsan o turismo da zona, xa que a Xunta aínda non asumiu o seu compromiso para que de titularidade pública. Trátase dunha mostra de escultura moi novidosa e nunca antes vista na zona. Está composta por xigantes pezas de ferro e madeira, creadas polo artista afincado en Palas de Rei Fermín del Amo. A exposición, que se sitúa concretamente no Patio das Armas e que se poderá visitar de 11:00 a 13:00 e de 16:00 a 20:00 horas, versa sobre os míticos 57 canteiros que deixaron pegada nos muros do castelo.

O Castelo de Pambre constitúe un dos símbolos culturais e patrimoniais máis emblemáticos non só da provincia senón de Galicia. Por iso, foi tamén o escenario elexido para a presentación de Rutas a Santiago en la Provincia de Lugo, o primeiro libro que inclúe todas os Camiños lucenses editado pola Deputación dentro do programa Km0 a Compostela .