Deputación de Lugo

Inaugurada a exposición 'Modelos de Ulm 1953-1968' que Deputación e Sargadelos levan a Cervo

A mostra enmárcase dentro dun convenio de colaboración mediante o cal a institución provincial financia esta iniciativa e o Taller Internacional de Tendencias Cerámicas, ademais de participar na organización de ambas as dúas iniciativas xunto á ceramistaFroito deste traballo conxunto, a sala de exposicións da antiga fábrica de Sargadelos acolle, por 1º vez en Galicia, o traballo do Ulm, unha escola alemaña considerada un referente no mundo por lograr a integración da artesanía no proceso industrial“Modelos de Ulm 1953-1968” permanecerá en Lugo ata setembro, logo de estar presente no Museo Nacional de Artes Decorativas de Madrid, e en capitais de Europa e América

A Vicepresidenta Segunda, Lara Méndez, e a Deputada de Artesanía e Deseño, Regina Polín, participaron este xoves na inauguración de “Modelos de Ulm 1953-1968”. Trátase dunha mostra enmarcada dentro dun convenio de colaboración asinado entre Deputación e Sargadelos mediante o cal a institución provincial financia esta exposición, así como as actividades do Taller Internacional de Tendencias Cerámicas que xa se están a desenvolver en dito Concello dende comezos desta semana, ademais de participar, a través do Centro de Artesanía e Deseño (CENTRAD), na organización de ambas as dúas iniciativas xunto á entidade ceramista.

“Modelos de Ulm 1953-1968” reflexa o traballo desta prestixiosa escola alemaña, creada en 1953, considerada un referente a nivel mundial por lograr a integración do deseño artesanal no proceso de produción industrial. Mediante fotografías de gran formato, paneis de texto, liñas de tempo, pezas gráficas, bocetos de deseño, produtos e vídeos, esta exposición amosa a ampla variedade de enfoques teóricos, procedementos e resultados postos en marcha neste centro educativo. Recén chegada do Museo Nacional de Artes Decorativas de Madrid, e logo de estar presente en diferentes capitais de Europa e América, Deputación e Sargadelos logran traer este traballo por 1º vez en Galicia. Deste xeito, logo de que o Concello cervense concedese a sala de exposicións da antiga fábrica de Sargadelos, a mostra permanecerá en dito espazo ata setembro.

Lara Méndez destacou que “dende hai meses, Deputación e Sargadelos traballa para facer posible, malia a crise económica, a celebración da edición número 40 do Taller Internacional de Tendencias Cerámicas e a Mostra de Ulm 1953-1968. Con estas iniciativas estamos dando un pulo á economía lucense, por un lado, debido á visita de ducias de profesionais do deseño chegados de diferentes puntos do noso país e máis aló das nosas fronteiras e, por outro, polo contido destes encontros cuxas conclusións, as consensuadas polos propios traballadores dos sectores da artesanía e deseño, formarán parte da folla de ruta a seguir polo Centro de Artesanía e Deseño tal e como xa ten manifestado a súa nova dirixente, a nosa compañeira Regina Polín”.

Méndez subliñou que a Deputación seguirá “tendéndolle a man a Sargadelos, una entidade que dá traballo a 250 persoas en Galicia e que é o buque insignia da cerámica non só en Lugo e na Comunidade galega, senón tamén en toda España. Para elo seguiremos impulsando iniciativas coma esta mostra que é, sen dúbida, un exemplo a seguir para que o deseño e a artesanía sobreviva ante as esixencias das novas tecnoloxías, prospere e esté á altura das circunstancias”.

A este respecto, a Vicepresidenta Segunda incidiu en que “isto é o que buscamos na Deputación, que Lugo prosperar. Para elo, continuaremos ofrecendo formación gratuíta os nosos artesáns dende o CENTRAD; impulsando medidas que fomenten a inserción laboral como as primeiras bolsas de estudos remuneradas para deseñadores e artesáns que vimos de por en marcha; ou poñendo en valor os traballos tradicionais destes profesionais como estamos a facer con Sargadelos, entidade que centos de persoas visitaron grazas a Km0.Deputación de Lugo, un programa que mantén 3.000 postos de traballo na provincia mediante a colaboración que mantemos con artesáns, hostaleiros e comerciantes lucenses”.