Deputación de Lugo

Besteiro anuncia que Deputación e Concello inaugurarán o día 21 a Praza de San Marcos rehabilitada co Plan Urban

O organismo provincial e a entidade local fan coincidir este acto coa celebración co VI Congreso Mundial do Xamón que se celebrará ata o 23 de setembro en Lugo, e que reunirá na cidade ós mellores expertos nesta material a nivel internacionalA Praza e os xardíns posteriores ó Pazo Provincial serán o escenario do show cooking, actividade que inclúe simultaneamente demostracións in vivo de pratos con xamón e degustacións deste produto que realizarán as 10 denominacións de orixe de EspañaO organismo provincial dará a coñecer os principais destinos turísticos e culturais da provincia, así como a súa riqueza medioambiental ós ponentes e acompañantes do Congreso co programa Km0Gómez Besteiro destaca a importancia do sector porcino, xa que en Lugo existen máis de 3.460 explotacións das máis de 103.000 que hai en Galicia, o que significa que a carne deste animal é 4ª produción gandeira máis importante nestes momentos na provincia

O Presidente da Deputación, José Ramón Gómez Besteiro, o Tenente Alcalde do Concello de Lugo, Antón Bao, o Conselleiro de Medio Rural, Samuel Juárez, o Director do Centro Tecnolóxico Agroalimentario de Lugo (CETAL), Eduardo Vidal, o Presidente da Fundación Feiras e Exposicións de Lugo, Eduardo Núñez Torrón, e o Presidente do Comité Científico, Miguel Fernández, presentaron este mércores o VI Congreso Mundial do Xamón que se celebrará en Lugo os días 21, 22 e 23 de setembro, e que está organizado pola Fundación Pazo de Feiras e Exposicións e a Asociación de Criadores de Gando Porcino CELTA (ASOPORCEL).

O encontro, que ten un marcado carácter científico, reunirá durante estas datas a destacados especialistas mundiais e comercializadores sobre todas aquelas cuestións que lle afectan ó xamón. Neste senso, Gómez Besteiro subliñou que “creo que a Deputación ten máis que demostrado o seu compromiso co sector agrogandeiro. Ademais da colaboración coa sexta edición deste Congreso, o exemplo máis claro da nosa aposta polo rural é o 1º Centro de Recría Público de España que estamos a construír na Granxa Gayoso Castro, e cuxas obras avanzan a bo ritmo. Tanto é así que as 13 naves estarán construídas no mes de febreiro”. Neste senso, convidou ó Conselleiro de Medio Rural a ver as instalacións do Centro.

Aproveitando que os mellores produtores e expertos se darán cita en Lugo, Gómez Besteiro anunciou que a Deputación quixo facer coincidir coa celebración deste encontro multitudinario a inauguración oficial da nova Praza de San Marcos, que Concello e organismo provincial rehabilitaron conxuntamente dentro do Plan Urban, dentro deste proxecto que incluíu a peonalización e adecuación da mesma, así como a apertura á cidadanía dos xardíns posteriores ó Pazo Provincial. En total, ambas as dúas administracións e a Unión Europea investiron nesta actuación 1,2 millóns de euros. “Queremos que todo o mundo coñeza este novo espazo de 5.000 metros cadrados, que non só gaña a cidade, senón que gañamos todos. Hai catro anos, os veciños converteron nun xeito habitual o cruzar a porta da Deputación, ata ese momento a grande descoñecida. Coa peonalización da rúa e coa inauguración dos xardíns ó público no mes de xullo, culminamos a apertura da Deputación á cidade e á provincia, facendo máis visible esta institución que está ó servizo de todos”, apuntou Besteiro.

Precisamente, a Praza de San Marcos e os xardíns posteriores ó Pazo Provincial serán o escenario dunha das actividades máis importantes deste Congreso: o show cooking, que se levará a cabo tamén o día 21 a partir das 17:00 horas, e que inclúe, simultaneamente, demostracións in vivo de pratos con carne de porco celta na Praza e degustacións de xamón e doutros produtos que realizarán nos xardíns da Deputación as 10 denominacións de orixe de España. Ademais, ese mesmo día, a partir das 21:00 horas, haberá unha recepción oficial na Deputación a todos os congresistas.

Máis colaboración

Pero ademais, a Deputación tamén colaborará co encontro a través doutras vías. Deste xeito, o organismo provincial deseñou rutas especiais para os ponentes e acompañantes dos mesmos dentro do programa Km0. A este respecto, a través de visitas guiadas, os participantes descubrirán os principais destinos turísticos, así como a gran riqueza medioambiental e patrimonial coa que conta a provincia. Os itinerarios programados son as seguintes:

- Mércores, día 2: os congresistas visitarán a Mariña Lucense. Concretamente esta ruta inclúe visitas á Catedral de Mondoñedo; á fábrica de Sargadelos; á praia das Catedrais e unha travesía en barco pola ría de Ribadeo.

- Xoves, día 22: a ruta escollida transcurrirá pola Montaña, onde os participantes coñecerán as Pallozas do Piornedo, o Cebreiro, o Mosteiro de Samos e o municipio de Navia de Suarna.

- Finalmente, o día 23, o destino será a Ribeira Sacra. Neste caso, visitarán o Mosteiro de San Vicente do Pino e o Mirador do Duque, en Monforte, e farán un percorrido polas adegas de Sober.

Asimesmo, dende a Fundación TIC, a Deputación tamén apoiará a celebración encontro coa difusión de todas as actividades que inclúe o Congreso.

Importancia do sector porcino en Lugo

Gómez Besteiro subliñou que grazas a este encontro, Lugo convertirase no centro neurálxico do sector porcino a nivel mundial. Segundo datos do Plan Estratéxico da Deputación, o primeiro que ofrece unha visión real e global da provincia, na Unión Europea, os dous países que máis porcino producen son Alemaña e España. Polo que se refire á provincia, en Lugo existen máis de 3.460 explotacións das máis de 103.000 que hai hoxe en día en Galicia; o que significa que a carne de porco é a cuarta produción agrícola e gandeira máis importante nestes momentos na provincia.

A este respecto, indicou que “con este encontro, todas as organizacións participantes contribuímos a impulsar este sector e ademais cumprimos outro obxectivo que é poñer en valor o porco celta”; unha raza que a comezos do século XX era a máis importante de Galicia, e que na provincia conta con máis de 100 produtores dos 300 existentes en toda a Comunidade.