Deputación de Lugo

A Xunta de Goberno aprobou solicitar ó Sergas o mantemento as 24 horas do día da ambulancia asistencial que da cobertura preferente ós Concellos de Foz, O Valadouro e Barreiros

Imaxe deputación de lugo
O equipo de Goberno provincial aclara que o servizo que quere suprimir a Xunta, ainda que con base no Concello de Foz, opera directamente no municipio focense así como en Valadouro e Barreios, ademais de xeito excepcional en Mondoñedo, Burela, Ribadeo e Trabada.

Ademais, mantén que a perda do horario no servizo de ambulancia actual a partir do 10 de setembro obrigará a derivar parte da súa carga de traballo á ambulancia medicalizada, a única da comarca, mermando a operatividade e rapidez de resposta nun servizo ue se considera especializado para a atención sanitaria urxente en casos graves.

O Goberno provincial sentencia que suprimir o servizo de ambulancia asistencia con base en Foz e a súa substitución pola ambulancia medicalizada, non supón un aforro nin ofrece grantías asistenciais xa que estes servizos non poden ser substitutorios senón complementarios.

Ó respecto, ovoceiro provincial socialista, Manuel Martínez, salientou que “vemos unha contradicción evidente.O señor Feijóo dixo que non ía a tocar o presuposto dirixido a servizos sociais,educación ou sanidade pero estao a facer constantemente. Esta é a política doseñor Feijóo e do PP: laminar estas prestacións en Galicia e en todas asComunidades Autónomas onde goberna. Onte coñecíamos que o Executivo Central lleconcedera 11 millóns de euros á señora Cospedal para ofrecer servizos ósdependentes en Castela la Mancha e resulta que a popular os está a adicar aoutras cousas. A dereita cando chega ó poder só privatiza os servizos básicospara utilizalos en beneficio propio ou dos seus amigos. Estas contradicións sódemostras que todos os servizos sociais que potencian a izquierda desaparecencando chega o PP, disfrazándoo de falsa austeridade. ¿Onde están os cartos quedin que aforran? Nos 2 anos que levan practicando a súa austeridade non vimosinvestimento algún só recortes e desaparición de servizos”.