Deputación de Lugo

As 6 novillas da Granxa Gayoso Castro alcanzan o prezo máximo da poxa do XIII Feira de Ano de Pedrafita

As reses, que alcanzaron un valor de preto de 2.000 euros, foron cedidas pola Deputación dentro do convenio asinado con ACRUGA hai 4 anos para a expansión da Raza Rubia GalegaA través desta colaboración, que permite mellorar xeneticamente a cabana gandeira dos produtores da provincia, facendo máis competitivas as súas explotacións, preto de 350 exemplares foron recriados na Granxa GayosoSegundo datos da Confederación de Empresarios, en Lugo existen máis de 10.900 explotacións de carne con máis de 117.000 vacas. Destas, a maior parte concéntranse en Concellos da Montaña como o de PedrafitaO Presidente da Deputación, o Ministro de Fomento, o Alcalde deste Concello, e varios rexedores da provincia, así como Deputados autonómicos e parlamentarios, entregaron os premios ás mellores explotacións de Rubia Galega que participaron na feira

O Presidente da Deputación, José Ramón Gómez Besteiro, o Ministro de Fomento, José Blanco, o Alcalde de Pedrafita, José Luis Raposo Magdalena, acompañados de varios rexedores da provincia, así como de Deputados autonómicos e parlamentarios, entregaron este domingo os premios do XXII Certame-Exposición de Gando Vacún que cada ano organiza este municipio da Montaña, e que reuniu a máis dunha vintena de explotacións de Raza Rubia Galega desta zona da provincia e mesmo de Comunidades limítrofes como Asturias e Castela e León. Precisamente, as 6 novillas da Granxa Gayoso Castro, que cedeu o organismo provincial para a celebración deste certame, alcanzaron o prezo máximo na poxa celebrada, preto de 2.000 euros.

Son as reses que ACRUGA merca ós gandeiros da provincia para recrialas nas instalacións que a Deputación ten no municipio chairego co fin de estender a Raza Rubia Galega e mellorar xeneticamente a cabana gandeira dos produtores da provincia. Esta actividade, que se vén desenvolvendo dende hai catro anos dentro do convenio asinado con dita Asociación, converteu á de Lugo na primeira Deputación de Galicia que ten unha colaboración desta índole. Dende a súa posta en marcha en 2008, o seu extraordinario resultado cuantifícase nos preto de 350 exemplares que conforman o rabaño de elite que ACRUGA ten na Granxa Gayoso.

Estes exemplares, caracterizados pola súa alta calidade xenética, están a gañar cada vez máis prestixio no mercado nacional, sendo cedidos pola institución provincial para participar nas poxas máis importantes a nivel nacional. É o caso das de Salamanca; Pozo Blanco (Córdoba); Colmenar Viejo e Trujillo (Madrid); Zafra (Badaxoz); así como na Semana Verde de Silleda ou na de Adai (O Corgo), entre outras. Por elo, a Deputación cedeu 24 exemplares en 2008, 27 en 2009, 42 en 2010 e 36 no que levamos de 2011. Dentro destas últimas, atópanse as reses que foron subastadas hoxe en Pedrafita do Cebreiro.

Apoio ó sector gandeiro
A intensa colaboración que a Deputación mantén coa Asociación de Criadores de Raza Rubia Galega inclúese dentro da aposta que está a realizar o organismo provincial polo sector agrogandeiro e para que os produtores da provincia obteñan mellores prezos na produción e que acaden unha mellor posición do leite ou da carne no mercado.

Segundo datos extraídos dun estudo elaborado pola Confederación de Empresarios, en Lugo existen máis de 10.900 explotacións de carne con máis de 117.000 vacas. Destas, a maior parte concéntranse en Concellos da Montaña como o de Pedrafita. Tendo en conta estas cifras, a Deputación seguirá apostando nos próximos catro anos polo rural a través do convenio subscrito con ACRUGA e do 1º Centro de Recría de gando frisón de España que está a construír na Granxa Gayoso Castro. Trátase dunha obra na que se investirán un total de 12 millóns de euros, e que o organismo provincial conseguiu que sexa unha realidade, malia os atrancos que puxo a Xunta de Galicia para conceder os permisos necesarios para iniciar os traballos.

Con estas dúas iniciativas, o organismo provincial non só axudará a facer máis rendibles as explotacións, senón que contribuirá a asegurar o relevo xeracional nas mesmas, fixando máis poboación no rural e evitando que siga caendo o número de afiliacións á Seguridade Social. En tan só dous anos, Galicia pasou de ter máis 51.300 afiliados á agricultura e gandeiría a algo máis 44.900 na actualidade.