Deputación de Lugo

A Deputación remata as obras nos accesos ás queixerías de San Simón da Costa, aforrando 120.000 euros ó Concello vilalbés

O Presidente supervisou os traballos nesta vía municipal pola que discorren os distribuidores dos máis de 50.000 quilos de queixo que producen ó ano as factorías da zona, que tamén visitou o titular provincialSon unhas obras demandas por estes profesionais, que xeran un volume de negocio anual de 350.000 euros, e polos veciños, que se demoraron 1 ano debido a que o Concello non entregou o proxectoBesteiro entregou os CDs que a TIC elaborou a banda vilalbesa de gaitas Mato Vizoso e participou nos actos da institución provincial en conmemoración do Día da Árbore e da Auga nun colexio de Rábade

O Presidente da Deputación, José Ramón Gómez Besteiro, supervisou este xoves as obras na vía que dá acceso ás queixerías de San Simón da Costa. O organismo provincial vén de rematar estes traballos, dotados de 120.000 euros, que aforrou ó Concello vilalbés ó asumir, na súa totalidade, os custes das melloras realizadas nesta estrada de titularidade municipal. Trátanse dunhas actuacións moi demandas debido ó deterioro no que se atopaba este vial e o seu elevado número de usuarios. Por un lado, os veciños, na súa maioría gandeiros, que discorren por esta vía que fai de acceso a súas vivendas e fincas, así como as ducias de vehículos pesados que, a cotío, recollen o leite das explotacións da zona e os distribuidores dos 50.000 quilos de queixo que producen ó ano as dúas factorías situadas á beira desta estrada.

Son os negocios Don Gabino e Fontelas, que na provincia dán traballo directo a unhas 10 persoas e a decenas de xeito indirecto. Os seus produtos, que dende hai preto de 10 anos contan coa Denominación de Orixe de Galicia, véndense en toda a Comunidade galega, noutros puntos de España, principalmente Madrid e Barcelona, así como en Xapón e Estados Unidos. O volume de negocio que xeran sitúase ó redor dos 350.000 euros anuais. Precisamente, o titular provincial aproveitou a ocasión para visitar as instalacións destes establecementos e coñecer, de primeira man, a elaboración dos queixos de San Simón da Costa: pasteurizado do leite, callado, corte, molde, prensado, conservación das pezas en agua con sal e secado, un proceso de 45 días de duración para a consumición do produto.

Retraso das obras
Tendo en conta a importancia da mellora desta estrada, xa en decembro de 2010, a Deputación incluíu estes traballos dentro do programa de actuacións do Plan Extraordinario de Obra Pública. Para elo e por aquel entón, Besteiro asinaba co Alcalde de Vilalba, Gerardo Criado, un convenio, cun ano de vixencia, mediante o cal a institución luguesa financiaría obras por valor de 1 millón de euros mentres que o Concello só tería que entregar os proxectos. Criado, esgotando practicamente dito prazo e facendo perigar mencionado investimento en Vilalba, non entregou a documentación ata finais de 2011, é dicir, case un ano máis tarde. Isto obrigou ó organismo provincial a tramitar de xeito urxente destas obras e en tempo límite, o pasado mes de decembro, para podelas executar. Tres meses máis tarde, a Deputación conclúe unhas actuacións que consistiron na mellora do firme con aglomerado en quente, así como e na limpeza e reapertura de cunetas de case 3 quilómetros, que transcorren polos núcleos de Lobán, pasando polas Fontelas cara Augarrío e Picheira, ata chegar a estrada que une Vilalba coa A Balsa, no Concello de Muras.

Obras na Magdalena
Da mesma forma, tamén no mes de decembro e logo de recibir a documentación, o organismo provincial contrataba as obras de acondicionamento da CP 6515 ó seu paso pola área recreativa e a praia fluvial da Magdalena, dotadas de 400.000 euros, financiados ó 100% pola Deputación. Besteiro e Criado –que só participou nesta parte da visita por problemas de axenda, segundo aclarou- supervisaron estes traballos que estarán listos antes do verán. En contraposición, as máis de 100 obras dos restantes Concellos beneficiados, como o chairego, dos convenios de 1 millón de euros –Monforte, Lugo, A Fonsagrada, Becerreá, Viveiro, Foz, Burela e Sarria- están todas finalizadas. Nalgún casos, como o do municipio viveirense, hai meses que se están realizando novos traballos con remantes deste Plan. Ó respecto das demais obras do convenio de Vilalba, o organismo provincial fixo unha excepción, primando a mellora de servizos ós 15.000 veciños deste municipio, e adiantou ó Concello o seu orzamento. Estes traballos, que deberán ser xustificados, son os seguintes: adquisición dunha parcela no contorno da praia fluvial e complexo lúdico-deportivo da Magdalena (135.000 euros); compra dunha finca no contorno da futura gardería municipal (62.547 euros); reurbanización da rúa Porta de Encina (180.000 euros); adecuación do Paseo dos Condes (102.153 euros).

CDs de Mato Vizoso
O Presidente presentou, ademais, o CD da banda de gaitas Mato Vizoso editado pola Fundación TIC e gravado nos estudos que a empresa Miñomedia ten no Corgo. O disco recolle dez pezas interpretadas pola agrupación musical da Terra Chá e forma parte da colección “Sons lugueses”. Besteiro, que estivo acompañado polo director da agrupación, José Manuel López, fixo entrega de 1.000 copias deste traballo adiovisual co que a TIC contrubúe á difusión de grupos musicais da provincia. Ademais, cada un dos compoñentes da banda de gaitas recibíu un DVD da actuación que foi gravado por alumnos e bolseiros da Fundación TIC. Esta agrupación musical vilalbesa naceu a finais dos anos 80 como grupo de frautas dentro da Anpa do CEIP Manuel Vizoso Mato. En 2004 independizouse do centro educativo e pasou a ser unha asociación.

Días da Árbore e da Auga
Por outra banda, o titular provincial tamén se desprazou ó CEIP Otero Pedrayo, en Rábade, para participar nas actividades escolares organizadas pola Deputación para conmemorar os Días Mundiais da Árbore e da Auga. A esta programación, que o organismo provincial levou a cabo por primeira vez, sumáronse 50 colexios públicos de 51 Concellos da provincia, nos que estudan máis de 4.000 rapaces. As actividades tiveron dous eixos: por unha banda, a lectura nas aulas dun conto infantil, Dona Pinga e Don Carballo fan Amizade -editado especialmente para a ocasión- e a plantación dun carballo nas inmediacións de cada centro. Os centros que decidiron sumarse ó programa recibiron de maneira gratuíta o material necesario para a celebración, organizada a través da segunda fase do programa Lug02, dotado con 6,5 millóns de euros, que achega a Unión Europea nun 70%. A iniciativa forma parte, ademais, da axenda de actos culturais e divulgativos que a Deputación promove con motivo do 10º aniversario da Reserva da Biosfera Terras do Miño.