Deputación de Lugo

Un especial do Km0 Surf-Camp, prato forte de varios programas de televisión

Este sábado ás 20:30 horas o programa de V Televisión emitirá un especial sobre a iniciativa da Deputación de Lugo celebrada os pasados días 30 e 31 de marzo e 1 de abrilA canle internacional de TVE emitirá o vindeiro 21 de abril ás 13:30 horas unha reportaxe sobre todo o acontecido durante a fin de semana que reuniu a elite nacional de surf nas praias da MariñaA calidade do evento que reuniu á elite nacional de surf nas praias da Mariña acaparou a atención de medios especializados españois e estranxeiros

O Km0 Surf-Camp Deputación de Lugo será o tema estrela que inaugurará a segunda tempada do programa Ojo de Pez. Durante a fin de semana do Surf-Camp, as cámaras de V Televisión deron cobertura a todo o que acontecía tanto no mar coma fóra del e, este sábado a partires das 20:30 horas, emitirán unha reportaxe especial que recolle os mellores momentos do evento de ocio deportivo e medioambiental que tivo lugar nas praias da Mariña os días 30 e 31 de marzo e 1 de abril.

Este programa é o primeiro adicado exclusivamente ó surf de todas as televisións do país. A través de reportaxes e entrevistas ofrecen unha ampla cobertura de todo o relacionado co surf nacional e internacional e contan coa colaboración de destacados surfistas coma Gony Zubizarreta ou Jaji Iglesias, profesionais do surf que foron dous dos 19 campións que ensinaron os seus mellores trucos e técnicas a todos os participantes do Km0 Surf-Camp.

Á reportaxe emitida no programa de V Televisión hai que sumar a que a canle internacional de TVE, que a través da súa canle internacional, emitirá o vindeiro 21 de abril, ás 13:30 horas, unha programación especial que recollerá os mellores momentos vividos na costa luguesa durante a fin de semana na que a Mariña foi referencia para o mundo do surf.

Ampla cobertura nos medios de comunicación

Outros medios de información xeral que tamén adicaron parte dos seus espazos a informar sobre este evento foron a cadea de televisión La Sexta, que ofreceu unha reportaxe do Surf-Camp na edición de sábado dos seus informativos e a TVG, que informou das actividades desenvolvidas en programas coma A Solaina ou Revista de fin de semana.

O interese suscitado por este evento fixo que foran moitos os medios especializados, tanto españois coma estranxeiros, que se desplazaron ata os areais mariñanos os tres días de duración do evento. Ata 15 medios de comunicación cubriron en directo as actividades programadas. Publicacións especializadas coma a hispano–francesa Surf Limit, a brasileña Parafina; bloggers coma El blog de Occy, The Crazy Guecho, A Remojo; webs de surf coma Fuel Surf ou Surf Galicia seguiron moi de preto a evolución dos campións e afeccionados no mar e que, en breve, irán ofrecendo reportaxes sobre esta cita. O Surf-Camp estivo presente en diarios da rede coma 20minutos.es, que.es, diariosigloXXI.com, elperiodico.com, elimparcial.com ou público.es; as edicións dixitais de xornais coma ABC ou La Nueva España; os portais yahoo.com ou msn.com e plataformas de vídeo coma youtube.com ou dalealplay.com cubriron as actividades que tiveron coma escenario as praias da Mariña.