Deputación de Lugo

Lugo acolle por 1º vez a xornada da Asociación Galega de Apicultura sobre o papel das abellas na economía e sostibilidade do medio

A Deputación colabora con AGA no ciclo de conferencias aberto ó publico, que reunirá ós mellores expertos en Galicia este venres no Salón de Actos do Pazo de San Marcos, a partires das 19:00 horasIzquierdo salienta que “é unha oportunidade única para Lugo”, a provincia galega co maior número de apicultores con 1.681 e unha facturación anual de 4 millóns de euros coa venda de 740 mil quilos de melSegundo a UE, as abellas polinizan o 84% das plantas cultivadas e a súa presenza nos campos afecta ó 76% da alimentación, influíndo en “sectores piares da economía como a agricultura ou a gastronomía”

A Deputada de Medio Ambiente e Enerxías Renovables, Sonsoles López Izquierdo, o Secretario Técnico da Asociación Galega de Apicultura (AGA), Jesús Asorey, e o Presidente de Honra de dito colectivo, Abel Yánez, presentaron este mércores a “Xornada Apícola: Galicia, Terra de Abellas”. Trátate dun ciclo de conferencias sobre a influencia das abellas na economía produtiva da Comunidade galega e na sostibilidade do medio que, por primeira vez na historia de AGA, esta asociación datada de 1980 e integrada por 1.000 persoas trae á provincia luguesa. Os mellores expertos en Galicia nesta materia tratarán a multifunción da apicultura este venres, 4 de maio, nunha xornada aberta ó publico ata o límite de aforo, que terá lugar no Salón de Actos do Pazo de San Marcos, a partires das 19:00 horas.

Por este motivo e en primeiro lugar, López Izquierdo agradeceu a este colectivo que elixisen Lugo como escenario desta cita, “decisión que apoiou dende o primeiro momento a institución luguesa, sendo unha oportunidade única” para un sector, como o da apicultura, que, segundo datos de AGA, xera un volume de negocio na provincia de 4 millóns de euros ó ano coa venda dos 740.000 quilos de mel que se producen en Lugo. Esta facturación representa case o 35% do total en Galicia, Comunidade que vende 2 millóns de quilos de mel, acadando 12 millóns de euros anuais.

Emprego

“Con estes datos man, amosamos, unha vez máis, que o medioambiente é a nosa oportunidade económica porque os recursos naturais da nosa provincia xeran riqueza produtiva e postos de traballos”, destacou a Deputada. E é que a Asociación Galega de Apicultura mantén que Lugo é a provincia galega que rexistra o maior número de apicultores con 1.681 persoas. Representan case o 50% do total de Galicia, que suma 3.451 apicultores. Síguelle Ourense, con 773; A Coruña con 676; e Pontevedra con 302.

Este colectivo constata que os montes lugueses e ourensanos son paraxes idílicos para a produción apícola e salienta que, mentres en Lugo se mantiveron o número de apicultores, a crise fixo que en Ourense se reducisen nun 60% co peche de establecementos. Deste xeito, a provincia luguesa conta, prácticamente, coas mesmas colmeas que anos anteriores, unhas 37.000. Por Comarcas, é a de Sarria a que concentra o maior número delas seguida, por esta orde, dos Ancares, Terra Cha, Quiroga, Lugo e A Mariña. Ademais, o 95% dos apicultores lucenses non conta con máis de 50 colmeas, sendo moi poucos os que superan as 150.

Influencia noutros sectores

Segundo datos do parlamento europeo facilitados por AGA, o 80% das plantas con flores e o 84% das plantas cultivadas son polinizadas polas abellas. Ademais, o 76% da alimentación tamén depende da presenza das abellas nosos campos. Isto supón que, máis alá da función produtiva de mel, as abellas son fundamentais para a biodiversidade e conservación do medio. “En definitiva, os nosos recursos naturais, a nosa produción agrícola e a nosa gastronomía, sectores piares da economía luguesa, non sería a mesma de non ser polas abellas”, sentenciou a Deputada.

Ciclo de conferencias

Precisamente, López Izquierdo será a encargada de inaugurar a “Xornada Apícola: Galicia, Terra de Abellas” ás 19:00 horas do vernes e no Salón de Actos. A continuación, Abel Yañez presentará as conferencias que se desenvolverán por esta orde: A apicultura, unha actividade necesaria para a vida na terra, por Xesús Feás, investigador Parga Condal e socio de AGA; Apicultura tradicional en Galicia, por Ernesto Díaz, técnico de La Jurbial Servizos Ambientais; A Vespa velutina, grande avéspora asiática, que quere comer as nosas abellas, por Gonzalo Calvo, veterianario de AGA; Pon unha colmea na túa horta, por Suso Asorey, Secretario Técnico de AGA; Etiquetaxe do mel da produción primaria, sen rexistro sanitario, por Marcos Varela, Técnico de AGA; e Apicultura en Etiopía, por Ovidio Fernández, cámara de TVE en Galicia. Posteriormente e para rematar, o Director Ignacio Vilar presentará a película “Vilamor” coa que colaborou a Asociación Galega de Apicultura.