Deputación de Lugo

Besteiro traslada ós traballadores de Alcoa San Cibrao que "chegará a onde sexa" para manter a continuidade da planta

O titular provincial falou hoxe co Presidente de Alcoa España para trasladarlle a preocupación polos 2.000 empregos na provincia e a urxencia de solucións que garantan a permanencia da factoría Besteiro avanza que no primeiro encontro coa Xunta insistirá que en que “este asunto é de máxima urxencia para Lugo” e que “a Deputación, aínda que non ten competencia na materia, si representación instucional na provincia” para instar ós Gobernos Central e Galego a que adopten medidas O Presidente reunise hoxe co Comite de Empresa de Alcoa San Cibro e con representantes do Grupo Noguera que aglutina a 150 traballadores de varias empresas auxiliares

O Presidente da Deputación, José Ramón Gómez Besteiro, avanzou ós traballadores de Alcoa San Cibrao e das súas empresas auxiliares que o organismo provincial “chegará a onde sexa” para manter a continuidade da planta cervense. E é que en decembro remata a tarifa eléctrica desta factoría, que en Lugo representa o 35% do seu PIB, ademais de xerar 1.200 empregos directos e 500 indirectos. Ante esta situación, Gómez Besteiro mantivo hoxe unha conversa telefónica co Presidente de Alcoa España, José Camino de Miguel, na que lle trasladou a súa preocupación polos postos de traballo que perigan na provincia, así como a urxencia de poñer en marcha de xeito inmediato medidas que garantan a permanencia da factoría cervense. O titular provincial tamén anunciou que “no primeiro encontro que manteña coa Xunta insistirei en que este asunto é de máxima urxencia para Lugo” e subliñou que “a Deputación, aínda que non ten competencia na materia, si representanción institucional para instar ós responsables, é dicir, ós Gobernos Central e Galega a que adopten medidas de xeito inmeidato”.

Besteiro fixo estas declaracións logo dun encontro que mantivo este martes nas instalacións da fábrica cervense co Comite de Empresa de Alcoa San Cibrao e cos respresentantes do Grupo Noguera, que aglutina a 150 traballadores de varias empresas auxiliares en folga dende o luns e ata mañá. Na cita tamén participaron a Vicepresidenta Segunda, Lara Méndez, o Deputado de Economía do Coñecemento, Emprendedores e Innovación, José Ramón Val Alonso, o Presidente do Comite de Alcoa San Cibrao, José Luís Combarro, así como representantes sindicais de UXT, CC.OO, CIGA e CSI-F.

Esixencias ós responsables

Durante a reunión, o Presidente fixo saber o apoio da institución luguesa ós traballadores de Alcoa, dándolles coa da aprobación dunha declaración institucional coa que a Deputación luguesa esixe ó Goberno de España que negocie urxentemente coas eléctricas un contrato de longa duración cunha tarifa reducida que permita a Alcoa e a outras grandes industrias galegas manter a súa produción. Tamén lle reclama á Xunta que se involucre nesta negoción cos seus compañeiros de partido, así como que poña en marcha as obras de construción do gaseoducto que o Presidente autonómico, Alberto Núñez Feijóo, prometeu para San Cibrao e que nunca iniciou. Este sistema permitiría a Alcoa reducir os seus custes de produción nun 20% ó substituir o fuel polo gas natural, ademais das emisión de CO2.