Deputación de Lugo

Rapaces de 12 a 16 anos participan no obradoiro gratuíto sobre o graffiti que organiza o Centro de Artesanía e Deseño

A Deputación introduce por 1ª á programación do CENTRAD este curso e amplía a marxe de idade dos seus participantes para achegar a tradición artesanal a máis xenteHoxe tamén se iniciaron as xornadas formativas sobre pintura e xoiería de arxila

Rapaces de 12 a 16 anos comezaron hoxe o obradoiro de graffiti que, por 1ª vez, se incorpora á programación gratuíta que ofrece o Centro de Artesanía e Deseño da Deputación para os máis novos, cun dobre obxectivo: introducilos na tradición artesanal e conciliar a vida laboral e familiar, ó celebrárense durante as vacacións. Por este motivo e co fin de chegar a máis xente, a institución provincial acordou incrementar a marxe de idade dos beneficiados desta iniciativa –pasando dos 12 ós 16 anos- e ampliar a oferta formativa, ofrecendo alternativas máis modernas como este curso de graffiti. Os seus participantes están a ter a oportunidade de descubrir as súas habilidades coa pintura de spray, deixando a súa pegada en paneis de DM.

Tamén este luns se iniciaron as xornadas de pintura para nenos de 5 a 10 anos, no que traballan diferentes técnicas desta arte para aplicar nas súas obras de xeito individual ou colectivo. Mentres, cativos de entre 8 a 14 anos comezaron o curso de xoiería de arxila, no que elaboran prendedores, colgantes ou chaveiros. Todas elas, prologaranse ó longo desta semana.

Un total de 90 rapaces de entre 5 a 16 anos benefícianse a custe cero das 12 xornadas que organiza o CENTRAD durante o verán. Este mes, estano a facer os primeiros 45. O mesmo número de mozos recibirá esta formación práctica e didáctica en agosto, concretamente do 20 ó 24 e do 27 ó 31 de dito mes. Todos obradoiros teñen lugar nas instalacións do Centro de Artesanía e Deseño, na travesía da rúa Chantada da capital luguesa, en horario de 9:00 ás 14:00 horas.