Deputación de Lugo

Deputación e ACRUGA subastarán preto de 35 cabezas de Rubia Galega, cifra récord de animais inscritos nun só mes

José Fernández e César Dorado presentaron as tres poxas que se celebrarán este mes en Expolugo, na Granxa Gayoso Castro e en Adai, e nas que se presentarán animais pertencentes ó rabaño de elite no que Deputación e Acruga traballan no centro de recríaA feria monográfica de Expolugo inaugurase mañá ás 11:00 horas e ademais da poxa programada para o día 7, haberá degustacións de carne da marca Ternera Gallega Suprema Carne de Rubia Gallega e un concurso morfolóxico comentado a micro aberto polo xuradoA poxa do día 13 na Granxa Gayoso Castro é a 2ª que se celebra nestas instalacións tras a do pasado mes de e a 1ª na que se subastarán vacas paridas e mesmo algún lotes formado por vacas e xatos

A Deputación de Lugo e a Asociación Nacional de Criadores de Raza Rubia Galega, ACRUGA, teñen por diante un mes de récord no que a poxas se refire: só no mes de outubro inscribiranse unhas 35 cabezas de gando entres poxas, todo un récord, tendo en conta que a poxa nacional de Adai celebrada o pasado mes de xuño, a máis importante de cantas se realizan ó longo do ano, concurren unha media de 24 exemplares.

Estes son algúns dos datos que desvelaron esta mañá o Deputado de Economía do Medio Rural e do Mar, José Fernández e o Presidente de ACRUGA, César Dorado, durante a presentación destes tres eventos que tivo lugar nas instalacións da Granxa Gayoso Castro, dependente da Deputación de Lugo este xoves e, durante a cal, Fernández volveu deixar constancia dos excelentes froitos que leva dado o traballo común entre a institución provincial e ACRUGA.

Estas poxas terán coma escenarios Expolugo, poxa de carácter nacional que se celebrará o vindeiro día 7 de outubro; a propia Granxa Gayoso o día 13, e en Adai, poxa prevista para o día 20 deste mes. Os bos resultados acadados anteriormente, tanto en vendas coma en cotizacións, fan prever novos éxitos para este mes. De feito, é destacable o forte incremento na demanda de animais de raza por parte de gandeiros galegos e de fóra da Comunidade, polo que se agarda unha tendenza á alta de adxudicacións e de prezos.

As excelentes cualidades morfolóxicas, xenéticas, produtoras e reprodutoras dos animais presentados ás últimas poxas son a base dos bos resultados colleitados nos pasados anos. Froito do traballo que Deputación e ACRUGA veñen levando a cabo dende hai anos nas instalacións do Centro de recría da Granxa Gayoso Castro, son as reses seleccionadas baixo os máis estritos criterios e que conforman un rabaño de elite destinado a satisfacer a grende demanda de exemplares por parte dos gandeiros galegos e do resto da xeografía española.

Non só son reseñables as cualidades dos animais, senón que todos os que se presentan a estes certames, tanto os que van á poxa coma os destinados a exhibición, tamén están sometidos a estritos controis de saneamento e a probas sanitarias para descartar calquera tipo de enfermidade.

Está previsto que á poxa nacional que se celebrará en Expolugo o domingo se presentes 8 destes exemplares; outros 12 serán os que se dispoñan para a poxa a Granxa o día 13, que destaca por ser a primeira poxa de vacas paridas que se celebra e, finalmente, outros 15 serán os que cheguen o día 20 á poxa que terá lugar en Adai.

Expolugo, primeira gran cita do mes

Coincidindo coas festas do San Froilán, a raza Rubia Galega centrará o foco de atención en Expolugo 2012, xa que este ano a feira adicará un monográfico a esta raza, unha iniciativa coa que “se pretende dar un maior protagonismo á gandeiría e, en especial, ás razas autóctonas”, tal e como explicou Rubén López, director xerente da Fundación Ferias y Exposiciones de Lugo.

Expolugo, cuxa inauguración será mañá a partires das 11:00 horas, acollería durantes as tres seguintes xornadas diferentes actos coa Rubia Galega coma protagonista. Repite a exposición de gando, coa posibilidade de ver máis de 100 dos mellores exemplares da raza, dos cales preto de trinta proceden da Granxa Gayoso Castro. O domingo terá lugar a poxa nacional, na que de novo estarán 8 novillas procedentes do centro de recría, cun prexo de saída de 1.800 euros e cunha axuda para a compra de 300 euros por parte de Caixa Rural, entidade colaboradora de ACRUGA.

Haberá tamén unha exhibición comentada dos alumnos dun curso de xuíces de gando impartido por ACRUGA, que ese mesmo día recibirán os diplomas que os acreditan coma experto en calificación de animais. Estes 16 xuíces serán os encargados de elexir ós mellores exemplares e explicar ó público asistente as cualidades valoradas e características dos animais exhibidos.

Os actos da feira monográfica de Expolugo compleméntanse con outras iniciativas destinadas á promoción da marca Ternera Gallega Suprema Carne de Rubia Gallega. A tal fin haberá degustacións deo produto todos os días, con menús a prezos especiais, así coma unha conferencia que terá lugar o sábado ás 12: horas e que impartirá a Secretaria executiva de ACRUGA, Ángeles Moreno.

Programa de actos

Día 5
11.00: inauguración
Día 6
12.00: Charla sobre comercialización de la marca Ternera Gallega Suprema Carne de Rubia Gallega
Día 7
11.00: Preselección de animales
12.00: Exhibición comentada en el ring de los mejores ejemplares por parte de los alumnos del V Curso de Jueces impartido por Acruga
12. 30: Entrega de diplomas a los alumnos del citado curso
13.00: Subasta Nacional de ganado de Rubia Gallega

Granxa Gayoso o día 13 e Adai o 15 de outubro

As outras dúas citas coa Raza Rubia Galega previtas para este mes, a do día 13 na Granxa Gayoso e o 20 en Adai (esta é a 82ª que se celebra alí), hai que destacar a que se celebrará en Castro. Esta será a primeira ocasión nas que os gandeiros terá a oportunidade de adquirir unhas 12 vacas paridas, as cales acadan maiores cotizacións nas poxas, xa que estas teñen amosado no primeiro parto as súas excelentes calidades reprodutoras, tanto da vaca coma as dos xatos nacidos. De feito, algún dos lotes que se porán á venda están formados polas vacas e os seus xatos, polo que se agardan novas cifras de récord.