Deputación de Lugo

Máis de 200 persoas redescubren coas rutas de km0 desta semana a relevancia do auga para a provincia

As rutas organizadas para esta semana levarán ós seus participantes a coñecer a importancia do mar, dos ríos e das augas termais achegándose ata Ribadeo, Sober e Guitiriz 55 membros da Comunidade de Montes de Ludrio, de Castro de Rei, inauguran hoxe as viaxes, que se completarán coas que farán o CEIP Plurilingüe da Pontenova, o Centro Cultural e Recreativo de Vilalba e un numeroso grupo de veciños de Xove

As augas marítimas e interiores da provincia centran esta semana a totalidade das rutas programadas. Máis de 200 persoas coñecerán de primeira man a importancia que para a vida e a economía lucense ten o auga. A Mariña e, particularmente, a ría de Ribadeo, será o primeiro destes destinos, compartindo protagonismo coas augas termais de Guitiriz e co río Sil ó seu paso polo Concello de Sober.

Un grupo de 55 integrantes da Comunidade de Montes de Ludrio, de Castro de Rei, fai este martes a ruta chamada da Ría de Ribadeo, que os levará a facer unha pequena travesía ne barco polas súas augas e visitar algúns dos fermosos recunchos das rúas do casco histórico desta localidade mariñana. Ademais, antes de partir cara a costa, poderán comprobar a actividade dun obradoiro de olería de Bonxe. O mércores será a quenda de 48 rapaces do CEIP Plurilingüe da Pontenova, que viaxarán ata Guitiriz para coñecer a popular Fonte de San Xoán, situada no balneario da localidade, facer a ruta dos Sete Muíños e visitar o reloxio analemático. Xa o xoves, 48 veciños do Concello de Xove partirán cara Sober para facer unha ruta en catamarán por Amandi e visitar os seus famosos viñedos e adegas.

A ruta da fin de semana levará este sábado a 55 integrantes do Centro Cultural e Recreativo de Vilalba á Mariña. Ribadeo é, novamente, o destino elixido por estes viaxeiros, que visitarán a localidade de Rinlo e as cetáreas ubicadas nela, farán unha viaxe en barco pola ría e completarán a xornada cunha visita ó casco histórico ribadense, ó que chegarán grazas ó ascensor panorámico.

Como anotarse

Os interesados en participar en Km0 poden inscribirse chamando ó 982-26-00-74/75; ou entrando en www.deputacionlugo.org onde, dende a portada, deberán acceder ó espazo Km0, completar o formulario e envialo á km0@deputacionlugo.org. A continuación, poderán efectuar o pago, que será de 8 euros para grupos de menos de 24 persoas e individuais, e de 5 euros para grupos de máis de 24 persoas, quedando excluídos todos os colexios e institutos públicos. A institución facilita dúas modalidades de pago: persoalmente no servizo de Tesourería (Pazo de San Marcos) ou nas sucursais de NovaGalicia (co número de conta 20800152663110001425). A reserva e pago das rutas tamén pode facerse a través da plataforma de comercio electrónico www.losproductosdelugo.com da Deputación. Optando por esta alternativa, os participantes teñen un desconto do 10% no custe das actividades.